EconomíaInfraestruturasMedio Ambiente

O PP ve un disparate pagar 100.000 €/ano de luz para quentar a auga das pozas da alcaldesa no Miño

By 17 Xaneiro, 2022Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide lamenta que Lara Méndez despilfarre un millón de euros nestas bañeiras colectivas e recrimina á alcaldesa que “impulse outro proxecto sen sentido, sen contar a estas alturas nin cun mínimo estudo de explotación ou unha estimación dos custes de persoal, vixilancia ou consumos”

O Partido Popular advirte que as 6 pozas de auga da billa que está construíndo a alcaldesa de Lugo á beira do Miño vannos saír moi caras aos lucenses. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que “a estimación que fixemos para climatizar estas pozas apunta a que teremos que pagar unha factura anual de luz de 100.000€”. Esta cifra calculámola logo de consultar a expertos nesta materia é en base á potencia de 140.000 watios que, segundo o proxecto, será necesaria para quentar a auga destas pozas.

Á vista deste dato, o vicevoceiro popular Antonio Ameijide,  ademais de considerar un despilfarro o millón de euros que se destina a estas bañeiras colectivas, afirma que o seu mantemento futuro suporá un novo lastre para a economía local. “Aos 100.000 € de luz hai que sumar outros 300.000 ou 400.000 € para contratar ao persoal, a limpeza, seguridade, mantemento da zona verde e seguros” matizando que “se se deciden por privatizar a súa xestión tamén haberá que asumir o sobrecuste do beneficio empresarial que obterá a empresa”.

Os populares tamén cuestionaron o “espírito verde desta infraestructura” xa que “nunha zona fría como é Lugo a climatización por aerotermia neste tipo de infraestructuras é máis que cuestionable” e apuntan que “será necesario tirar exclusivamente de electricidade o que suporá unha factura importante de mantemento a final de cada mes”. Ameijide razoaba que “maquillar de ecolóxico este proxecto ou vendelo como outro eslavón do Green Vancouver de Lugo supón unha nova tomadura de pelo aos veciños e veciñas lucenses”. Para o vicevoceiro popular “estamos diante doutra proba máis de que as pozas do Miño son un proxecto sen sentido” e demostran que “Lara Méndez non coñece Lugo, e tira os cartos de todos que se poderían empregar en montar unha praia pública gratuíta no Miño para toda a veciñanza”.

O Partido popular espera que na comisión que se celebra esta semana o goberno local informe sobre os estudos de custes dos consumos de luz e auga, os gastos de persoal, de seguridade e de limpeza que suporá a posta en marcha desta infraestructura xa que “levamos meses reclamando estes datos sen resultados o que resulta preocupante porque ou ben non saben que modelo van a seguir para a explotación destas Caldas, ou ben saben que vai ser unha hipoteca máis para os lucenses e prefiren ocultar as cifras dos gastos”.

Responder

3 + six =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies