Seguridade

O PP lamenta a desidia do goberno de Lara Méndez para protexer aos veciños do Sagrado Corazón dunha casa que cae a pedazos 

By 16 Xaneiro, 2022Xaneiro 27th, 2022Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP regresaron ao Sagrado Corazón ante as chamadas de alerta dos veciños polo perigo que representa unha casa “en moi mal estado”, sobre a que os propios populares alertaron do seu perigo hai un ano, cando estaba okupada e xa provocara máis dun susto entre os veciños xa que xa se caeran partes do tellado

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo regresaron ao Sagrado Corazón para revisar de novo o aspecto dunha vivenda do barrio, situada na Avenida Adolfo Suárez, e que presenta importantes deficiencias dende hai moitos meses, alertando aos veciños, sen que o goberno de Lara Méndez faga nada por dar unha solución axeitada.

Hai un ano que os concelleiros populares visitaron o Sagrado Corazón por este mesmo motivo. Naquel momento a vivenda xa presentaba importantes deficiencias e estaba okupada. Agora, a vivenda está baleira e presenta unhas deficiencias maiores, indican os veciños que por este motivo os okupas marcharon, ao temer pola súa propia seguridade, polo que “urxe unha actuación do goberno local, máis aló de poñer unha cinta de plástico e unha valla”.

A situación é moi perigosa para os veciños, xa que caen cascotes á rúa, co perigo de impactar sobre calquera persoa que pase pola rúa, situación que debería poñer en marcha ao goberno local para evitar calquera perigo. “Lara Méndez ten ferramentas suficientes para dar unha solución a este problema. Agora veremos se quere solucionalo ou prefire poñer en risco a integridade dos veciños”, indican os populares.

Responder

seventeen − 14 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies