Urbanismo

O PP critica que o goberno local néguese a dar os datos de licenzas pendentes de resolver en Lugo

By 20 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Os populares afirman que a negativa de Álvaro Santos a facilitar os datos de licenzas pendentes na comisión débese a que hai centos de expedientes pendentes de tramitar e que certificaría o fracaso da xestión do goberno de Lara Méndez

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular denuncian a negativa de hoxe do goberno local a responder as preguntas dos populares sobre o número de solicitudes de licenza pendentes de resolver no Concello de Lugo, a pesar de que a comisión é o órgano no que os membros do goberno local teñen que responder as cuestións formuladas polos grupos municipais.

Os concelleiros populares denuncian que o responsable de Urbanismo afirmou na comisión desta mañá que non respondería as preguntas do PP xa que, segundo afirmou o propio edil, “os concelleiros do PP teñen que facer o seu traballo e ir ao servizo correspondente a obter os datos dos propios funcionarios”.

Ante esta afirmación, os concelleiros populares presentes na comisión achegáronse ata o servizo correspondente, tendo como resposta “que volveran o luns”.

Para os populares, a postura tomada polo responsable de Urbanismo “é totalmente inaceptable” xa que, en aras á transparencia, “o goberno local debe facilitar os datos que se lle solicitan e responder ás preguntas que se formulan”.

Para os populares, a postura do goberno local débese a que son conscientes de que hai centos de solicitudes pendentes de resolver no servizo o que certificaría “o fracaso” da xestión do goberno de Lara Méndez á fronte da área de Urbanismo.

Neste senso, os populares sinalan que esta semana, á xunta de goberno local unicamente se levaron tres peticións de licenza, a pesar de que en Lugo a espera media é de 428 días, no eido urbano, e de 590 días, na zona rural.

Responder

fourteen + 16 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies