Seguridade

Carballo agradece o cambio de criterio de Méndez que pasa de chamar alarmista ao PP a cumprir a iniciativa do pleno de decembro para poñer freo á okupación

By 21 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Os populares agradecen que a alcaldesa dea cumprimento “á proposición que presentou o PP no pleno de Decembro” reclamando reunir á xunta de seguridade para buscar solucións e poñer freo á okupación”

O voceiro popular afea que Méndez “presuma de que vai convocar unha xunta de seguridade na Milagrosa a iniciativa propia cando o que está é dando cumprimento, a pies juntillas, á proposición que presentou o PP no pleno de decembro”.

Nesta proposición o Grupo Popular solicitaba “que na próxima xunta local de seguridade se deseñasen planes específicos para distintos barrios da cidade, e a coordinación dos distintos corpos policiais para que haxa máis presenza policial nas rúas así como que se tivesen en conta aqueles barrios que presentan máis problemas como pode ser o da Milagrosa”.

Para Ramón Carballo “é histórico que Lara Méndez cumpra cun mandato do pleno con esta axilidade e, sobre todo, cando estivo anos acusando ao PP de alarmistas cando pedíamos reforzos policiais e solucións para o deterioro do barrio da Milagrosa”.

Os populares lembran que a proposición, a iniciativa do PP, que se debateu en decembro e que se aprobou por unanimidade é froito dunha multitudinaria reunión veciñal que se celebrou no mes de novembro no local parroquial da Milagrosa e onde se puxo de manifesto “o malestar e a preocupación que hai por mor deste fenómeno e que vai in crecendo en barrios como o da Milagrosa”.

Tamén a raíz desta xuntanza se promoveu a elaboración dun folleto informativo para explicar como actuar se un particular sufre unha okupación, folleto que se está a repartir polos diferentes puntos da cidade afectados por esta problemática.

Os populares insisten en que seguirán presentando iniciativas en positivo e practicando unha política útil polo que aplauden que a alcaldesa de Lugo, por fin, cambie de criterio: primeiro por recoñecer que hai no barrio da Milagrosa hai un problema de seguridade que se degradou co paso dos anos porque o goberno local non se interesou en resolvelo e, en segundo lugar, porque se suma á petición do PP de acercar a administración aos barrios.

Para o PP “con tal de que haxa un só caso de ocupación hai que buscarlle unha solución” lembrando como o Grupo Municipal “leva anos presentando iniciativas en pleno que o PSOE rexeita de forma sistemática”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies