EconomíaInfraestruturas

O PP lamenta que “as condicións inasumibles, a improvisación e a falta de diálogo” bloqueen a apertura das cafeterías do Vello Cárcere e do Parque

By 19 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O PP di que “o déficit de xestión no goberno local de Lugo” ponse de manifesto nos problemas que ten para licitar contratos de servizos que quedan desertos cando “son atractivos e teñen posibilidades infinitas de negocios”

Antonio Ameijide ironiza con que “a soberbia da alcaldesa lévaa a tropezar 3 veces na mesma pedra” manifestando o seu temor a que o proxecto de Méndez de gastar 630.000€ para facer unha cafetería na Fábrica da Luz poda acabar sendo “un novo derroche de manual socialista” lembrando o Millón de € que custaron as cafeterías do Parque e do Vello Cárcere hoxe pechadas”.

O PP solicitará un informe que identifique os motivos polos que non houbo licitadores tanto no caso da cafetería do Vello Cárcere (con 5 concursos desertos) como na cafetería do parque de Rosalía que pechou o pasado domingo 8 de xaneiro (con un concurso deserto convocado o pasado mes de setembro).

Para os populares a falta de previsión, de diálogo e de coñecer a realidade do sector empresarial e hostaleiro (impoñendo condicións inasumibles) provocaron que quedasen desertas as convocatorias para adxudicar estes servizos, cando son infraestructuras moi atractivas e con infinitas posibilidades de negocio.

Ter unha cafetería panorámica nun edificio cultural, con vistas á Mosqueira, pechada é impensable e inxustificable; o mesmo ocorre co caso da cafetería do Parque de Rosalía “estamos falando de espazos que están ubicados en lugares emblemáticos, para que ninguén as poida disfrutar “fan investimentos que logo non son capaces de rentabilizar” reflexionaba Ameijide.

Os populares engaden á listaxe de cafeterías de concesiones municipais pechadas outras dúas máis situadas nos centros sociais de Fingoi (se sacou a concurso e quedou deserto) e a da Milagrosa (onde se están facendo obras para sacala a licitación) e que son moi demandas polos usuarios destas instalacións.

Diante de semellante falta de xestión o PP desconfía do futura cafetería que o PSOE quere acondicionar no edificio da Fábrica da Luz e teme que remate “pola incapacidade de traballo e de planificación dos socialistas noutro proxecto estrelado”.

 

CAFETERÍA PANORÁMICA VELLO CÁRCERE

Imos para 5 anos dende que se inaugurou a cafetería do vello cárcere (30 marzo 2017) e na que se investiron preto de 300.000 €. (000€. + 30.000 € de accesos)

 

CAFETERÍA PARQUE ROSALÍA

Ano 2010 O PSOE tiran a vella cafetería do parque e constrúen unha nova que nos custa 720.227 €. O PP nese momento falaba dun derroche de manual socialista e defendía arranxar o edificio que albergaba a antiga cafetería do parque.

8 de xaneiro de 2023 péchase a cafetería porque o Concello é incapaz de adxudicar a súa concesión (en setembro sacan un prego de condicións que queda deserto).

Responder

two × two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies