Urbanismo

O PP di que o bigoberno menospreza aos veciños da Ponte ao negarse a rehabilitar vivendas neste barrio

By 29 Abril, 2021Sin comentarios

Os populares aspiraban a conseguir un Plan de Impulso do Barrio da Ponte, que mellorase o mantemento e incentivase a rehabilitación de vivendas a través dun ARRU, para captar e asentar poboación no barrio e a creación de negocios

O Grupo Municipal do Partido Popular propón impulsar unha área de rehabilitación e renovación urbana no barrio da Ponte para mellorar a súa imaxe e, sobre todo, devolverlle parte da vida que históricamente tivo e que nestes últimos anos esmorece polo contexto socioeconómico do barrio así como pola pasividade do concello.

Para a posta en marcha da citada área propoñemos que, ben a través  dos técnicos do concello, de Evislusa ou ben ao través dun concurso de ideas, se elabore unha memoria para intervir neste barrio, de cara a incentivar e dar axudas que se traduzan na recuperación de vivendas e locais na Ponte, antes de que se convirta nunha zona de referencia para os  okupas.

O citado ARRU debería ligarse a un Plan de Impulso do Barrio da Ponte así como da contorna do Miño, de xeito que permita completar o cinto verde con máis metros cadrados de zona verde en ambas marxes do río, recuperando instalacións municipais en desuso próximas ao Miño, como o caso da Fábrica da Luz; do mesmo xeito é mester mellorar a imaxe do barrio impulsando o mantemento viario, o transporte, o estacionamento, a limpeza, a seguridade… todo o preciso para que este histórico barrio lucense recupere o seu lustro

Un plan de impulso compensaría aos veciños da Ponte que viron como a peonalización da Ponte Vella, sen dar ningún tipo de alternativa ao acceso, nin ofrecer alternativas de interés que animase ao resto de lucenses non residentes a baixar A Ponte; provocou o peche de numerosos negocios, baixadas de ingresos na inmensa maioría e un progresivo proceso de despoboamento do barrio.

A enésima inxustiza que lle tocou sufrir A Ponte, foi quedar fóra da área de intervención dos fondos europeos Muramiñae o que supuxo unha nova discriminación, xa que uns fondos que se anunciaron como para unir o Miño coa cidade, lamentablemente deixaron de lado ao único barrio que está no entorno do Río.

Outra das eivas do Barrio da Ponte é a falta de estacionamento na contorna da Ponte Vella, para favorecer que os lucenses e turistas nos acheguemos aos negocios da zona. Non é fácil desfrutar das beiras do Miño, porque o acceso peonil pola Volta da Viña segue sendo perigoso, e tampouco se puxo en marcha a tan demandada zona de aparcamento nas inmediacións.

Dende o Concello tamén se debería colaborar decididamente na promoción dos valores culturais da Ponte, descoñecidos para moitos lucenses e, por suposto, para foráneos. Un exemplo é a Igrexa de San Lázaro que dende fai séculos funcionou como Santuario e ben merece ser dada a coñecer.

A intención de todas estas medidas é facer un barrio interesante polo seu aspecto, para o desfrute de lucenses e foráneos, que atraia poboación con intención de poñer en marcha negocios e de residir nel, recuperando deste xeito o seu tecido económico e as vivendas do entorno.

Poucos barrios existen en Lugo que teñan unha situación tan privilexiada a carón do Miño, con zonas verdes, etc. pero á súa vez, poucos barrios hai que estean tan olvidados.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. Que se elabore un Plan de impulso do Barrio de A Ponte e da contorna do Miño: mellorando o mantemento viario, o transporte, a limpeza, a sinalización, a seguridade no Do mesmo xeito buscar un uso ás instalacións municipais como a Fábrica da Luz e ampliar as zonas verdes no entorno do Miño.
  2. Poñer en valor o Camiño Primitivo ao seu paso polo barrio da Ponte e os lugares de interés dos que dispón como o Santuario ou Igrexa de San Lázaro.

Que se elabore un estudo para optar á declaración de ARRU para o barrio da Ponte de cara a optar aos Plans Estatais de Vivenda, e subvencionar a rehabilitación de vivendas e locais.

Responder

18 + 9 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies