Seguridade

O PP agarda que o acordo acadado para actualizar o Plan de Emerxencias se materialice e non quede nun caixón do bigoberno

By 29 Abril, 2021Sin comentarios

Ramón Carballo agarda que a actualización do PEMU se realice con celeridade xa que o plan actual data do 23 de maio de 2007 e nestes anos a cidade mudou moito, xa que no documento vixente hai barrios que non aparecen nin infraestuturas como a ponte branca sobre o Miño

O Grupo Municipal do Partido Popular propón a actualización do plan municipal de emerxencias, un plan aprobado hai catorce anos e que carece de revisións ou actualizacións dende entón.

Cando se busca na páxina web do Concello de Lugo información sobre o Plan Municipal de Emerxencias atopamos que este foi homologado pola Xunta de Galicia no Comité Galego de Protección Civil, e posteriormente aprobado pola Xunta de Goberno Local na sesión de 23 de maio de 2007. O PEMU debe estar actualizado xa que se trata dunha ferramenta indispensable para responder de forma áxil e coordinada ante calquera emerxencia tratando de evitar atrasos ou mesmo duplicidades nas intervencións. Debe dar un marco orgánico-funcional e de mecanismos que permitan a mobilización dos recursos humáns e materiais precisos para a protección das persoas e bens, en caso de risco.

Un plan elaborado para unha poboación de 92.000 habitantes non se axusta á realidade da cidade de Lugo que roza os 100.000. É preciso dimensionar este documento incluíndo toda a cartografía e todas as instalacións sanitarias, educativas, administrativas, policiais, comerciais, industriais…., xa que a día de hoxe non aparecen barrios enteiros, zonas industriais ou edificiacións susceptibles de acoller un volumen importante de persoas.

Un Plan de Emerxencias precisa estar actualizado para cumprir co seu cometido e para ser a ferramenta precisa para atallar os principais riscos que poden ameazar a nosa cidade. Os riscos do 2007 son similares aos que nos enfrentamos agora, pero a día de hoxe existe un novo catálogo de medios materiais, de medidas de autoprotección dos edificios, de materiais de construción… por iso a importancia dun documento que deixe o mínimo á improvisación.

Ante unha situación de emerxencia debe existir unha coordinación total dos grupos de intervención, de seguridade, loxísticos e sanitarios. O que a cidade de Lugo precisa é un documento actualizado en canto a cartografía, riscos, medios…. de cara a garantir a prevención, previsión e, sobre todo, a coordinación para unha rápida e eficaz resposta.

Por todo elo o Grupo Municipal do Partido Popular, que subscribe esta proposición, considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

  1. A revisión e actualización do Plan Municipal de Emerxencias para atender, con garantías, as emerxencias que suceden no termo municipal de Lugo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies