O PP pedirá o apoio do pleno para que o bigoberno inicien a actualización do Plan de Emerxencias, que está “desfasado e incompleto”

By 28 Abril, 2021Infraestruturas, Seguridade

O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo explica que urxe a actualización deste documento xa que nel non aparecen barrios enteiros, nin infraestructuras como a ponte branca, sen esquecer que se trata dun plan aprobado hai 14 anos, que non se axusta nin á realidade, nin á poboación actual do municipio, xa que se pensou para unha poboación de 92.000 habitantes e agora rozamos os 100.000

O Grupo Municipal Popular defenderá no pleno de mañá unha iniciativa para que a alcaldesa inicie a actualización do Plan Municipal de Emerxencias (PEMU), cuxa última revisión foi o 23 de maio de 2007, polo que é máis que evidente a súa renovación dado o crecemento experimentado pola cidade nos últimos anos.

Ramón Carballo lembra como hai dous anos que se aprobou unha iniciativa do PP para a renovación deste documento, pese aos votos en contra dos concelleiros do PSOE, que semellan seguir a enquistar a actualización deste plan a pesar de que é imprescindible.

O voceiro popular destaca que é necesario actualizar este plan con varios exemplos moi gráficos, xa que o documento que está vixente na actualidade está pensado para unha poboación de 92.000 habitantes cando na actualidade rozamos os 100.000 habitantes. Outro exemplo é que non aparecen barrios enteiros como Augas Férreas, nin o auditorio, nin o centro comercial de Duquesa de Lugo, nin o edificio do INSS.

Outra proba de que este documento está obsoleto témola no mapa de equipamentos sanitarios de intervención e de seguridade onde figuran o hospital Xeral, o hospital San Xosé e o de Calde, tres dotacións sanitarias xa pechadas ou con usos diferentes. Pero outro exemplo grave é que a sede da policía local segue localizada no Vello Cárcere en vez de situala na súa nova localización en Sanfiz, como tampouco aparece a Ponte Branca sobre o río Miño.

ARRU A Ponte

Os populares defenderán tamén que se faga unha memoria para desenvolver unha área de rehabilitación (ARRU) no barrio de A Ponte, actuación que se podería desenvolver a través dos técnicos municipais, de Evislusa ou dun concurso de ideas en colaboración co Colexio de Arquitectos.

Dentro do programa de #BarriosEnIgualdade que impulsa o Partido Popular, se quere revitalizar esta zona da cidade, xa que despois de visitala e manter encontros veciñais é preciso activar un ARRU na Ponte.

É fundamental a recuperación dos edificios e espacios públicos desta zona para evitar que se converta nun punto negro de referencia dos okupas, “cómpre coidar o que xa temos”.

Actuación que se podería acompañar dun Plan Director da contorna do Miño, xa que tomando o río como eixo da recuperación do barrio o PP propón completar o cinto verde na unión Miño – Rato e ampliar o parque periurbano cunha nova ruta de 21 quilómetros a ambos lados del río, actuacións que se acompañarían da recuperación de instalacións municipais en desuso próximas ao Miño, como a fábrica da luz, para actividades turísticas, culturais ou deportivas.

Fondos Europeos

O Grupo Popular tamén pedirá que o Concello de Lugo se sume ás reivindicacións realizadas por outros concellos de España, como Cádiz, Xirona, Madrid, Tenerife, Pamplona, Valencia ou Zaragoza, para solicitar ao Goberno de España a reformular as axudas estatais aos municipios e así avanzar nun novo sistema de financiamento das entidades locais que mellore o actual e definir o acceso ao financiamento europeo dos concellos respecto aos fondos asignados a España por un importe de 140.000 millóns de euros.

Leave a Reply

two × 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies