Sen categoría

Por fin, despois de anos reclamándoo, Lugo está a piques de adherirse ao programa VioGén

By 26 Febreiro, 2025Sin comentarios

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular, Aurora Goáz, celebra que, despois de seis anos de insistencia, o goberno local estea a punto, segundo trascendeu hoxe nun medio local, de adherirse ao programa VioGén. “Acertan cando rectifican, unha vez máis”, sinalan os populares, que levan dende 2019 reclamando esta adhesión a través de diversas iniciativas levadas a pleno.

Na última Comisión de Benestar, celebrada en decembro, unha representante do goberno local manifestaba que “penso que temos que escapar do titular de prensa, de firmar un papeliño, e o que temos que pensar é realmente en facer políticas que axuden ás mulleres”. Para os populares, este comentario demostra o desprezo e a falta de compromiso real do goberno local, xa que a adhesión a VioGén non é un trámite burocrático, senón un protocolo clave para mellorar a coordinación policial e garantir unha maior protección ás vítimas de violencia de xénero.

Lugo, á cola de Galicia

Lugo é, a día de hoxe, a única gran cidade galega que aínda non forma parte deste programa, a pesar de que existiron dous acordos plenarios en 2019 e 2020 instando ao goberno local a dar este paso. “Foron seis anos de espera, seis anos nos que as vítimas de violencia machista en Lugo non contaron coa mellor coordinación posible entre administracións e Corpos de Seguridade do Estado”, destacan desde o Grupo Popular.

A adhesión debe ser inmediata e efectiva

Desde o Partido Popular de Lugo esixen que a firma da adhesión se produza canto antes e que se poñan en marcha todas as medidas necesarias para que a integración no sistema VioGén sexa efectiva. “Non pode quedar nun simple anuncio, como tantas outras promesas do PSOE e do BNG. Lugo necesita feitos, non titulares”.

Aurora Goás tamén lembra que o Concello ten todavía moito traballo pendente para amosar un verdadeiro compromiso coa Igualdade e contra da violencia de xénero, como dotar de persoal á Casa da Muller, que segue sen psicóloga nin asesora xurídica, cuestións básicas que a concelleira Angeles Novo ten que atender con urxencia, chámelles “papeliño” ou non.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies