Sen categoría

COMUNICADO GRUPO MUNICIPAL PP LUGO

By 5 Marzo, 2025Sin comentarios

 

Dende o Grupo Municipal do PP,  queremos reiterar as nosas condolencias á familia da alcaldesa falecida, aos nosos compañeiros de corporación e de partido e a toda a veciñanza que sentiu a súa perda.

Unha vez avaliado o novo contexto que, desgraciadamente, se ten producido, o Grupo Municipal do Partido Popular decidiu esta mañá renunciar a presentar iniciativas para as comisións e pleno deste mes de marzo co obxectivo de facilitar a reorganización do goberno local tralo falecemento da alcaldesa.

Somos conscientes de que esta é unha situación excepcional e imprevisible, diante da cal queremos actuar por riba de todo dende a empatía persoal e a responsabilidade institucional. Froito diso, é o noso compromiso colaborar en que o Concello poida reestruturarse nun momento tan complexo.

Isto non significa en ningún caso unha paralización do noso labor como principal grupo da oposición. Seguiremos traballando con compromiso e dedicación polos veciños e defendendo as nosas propostas, pero entendemos que, nun contexto como este, o prioritario é que o Concello poida recuperar a súa normalidade canto antes.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies