Sen categoría

O PP presenta un Plan Integral para mellorar a xestión do ciclo da auga en Lugo, evitar fugas, cortes e a falta de servizo no rural

By 26 Febreiro, 2025Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo presentou un Plan Integral de Mellora da Xestión da Auga, que inclúe solucións concretas para acabar cos cortes constantes, as fugas masivas e a falta de abastecemento no rural.

 

O concelleiro popular Antonio Ameijide puxo en evidencia as consecuencias da inacción do goberno do PSOE e do BNG. “Cada día Lugo perde millóns de litros de auga. Mentres noutras cidades avanzan cara a unha xestión sostible, aquí seguimos cun servizo desmantelado e sen solución”.

 

14 anos sen contratos actualizados e un servizo desmantelado

 

Os principais contratos vinculados á xestión do ciclo da auga en Lugo levan 14 anos caducados, sen que o goberno local presentara unha solución viable. Ademais, o servizo municipal de augas tanto a parte administrativa como a brigada, atópase nunha situación crítica, cunha falta de persoal evidente e sen recursos para manter un servizo de calidade.

 

“Non só se desmantelou o persoal municipal de augas, senón que tamén hai unha ausencia total de planificación para renovar a rede de abastecemento e saneamento. Como consecuencia, as avarías son constantes e os lucenses ven como os seus barrios quedan sen auga durante horas ou mesmo días”, denuncioa o PP.


Un Plan Integral para frear o desperdicio de auga e garantir un servizo digno

 

Ante esta situación, o Grupo Popular propón a posta en marcha dun Plan Integral de Mellora da Xestión do Ciclo da Auga, que inclúe:

 

  • Licitación urxente dos contratos de xestión das ETAP e EDAR.
  • Reforzo inmediato do persoal municipal, tanto na brigada de augas como no servizo administrativo e de lectura de contadores.
  • Garantía de reparación de avarías 24 horas os 7 días da semana, evitando que os veciños queden sen servizo durante longos períodos.
  • Plan de control e reparación de fugas, reducindo o desperdicio de auga potabilizada.
  • Renovación progresiva das tubaxes de fibrocemento, priorizando as zonas máis afectadas.
  • Dotación progresiva de abastecemento e saneamento ao rural, garantindo o acceso á auga potable para todas as parroquias de Lugo.
  • Posta en marcha dun servizo municipal de limpeza de fosas sépticas para os veciños que aínda non teñen saneamento.
  • Uso da auga reciclada para rego, baldeos e usos industriais, aproveitando o sistema de reutilización de auga que leva 14 anos sen empregarse en Lugo.

 

Unha chamada á responsabilidade do goberno local

 

O Antonio Ameijide esixe ao goberno do PSOE e BNG que deixe de mirar cara a outro lado e que poña en marcha medidas efectivas para garantir un servizo de auga digno para todos os lucenses. “Non podemos deixar sen auga a rúas enteiras durante días porque non hai servizo municipal que o resolva a tempo. É unha cuestión de planificación, responsabilidade e compromiso coa cidade”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies