Infraestruturas

O PP ve nos danos do carril bici o mellor exemplo do fracaso dunha obra imposta por Lara Méndez en contra da vontade dos lucenses

By 7 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Antonio Ameijide afirma que xa hai diversos puntos nos que a pintura xa desapareceu nunha obra que aínda non se inaugurou e que xa presenta os danos propios dunha infraestrutura que levase anos en funcionamento cunha elevada densidade de circulación

O carril bici de Lara Méndez segue a ser noticia na cidade, sempre negativa, pero agora polas eivas que presenta, a pesar de nin terse nin inaugurado, xa que hai zonas nas que a pintura xa está borrada ou, directamente, desapareceu.

Para o vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, queda clara “a chapuza” que Lara Méndez está a facer co carril bici, unha obra que puido ser interesante para a cidade, pero sempre que se houbese realizado un proxecto estudiado e non a calzador nun único barrio da cidade, eliminando centos de prazas de estacionamento e afundindo a todo un barrio da cidade.

Explica o concelleiro popular que, por exemplo, no cruce da Rúa Santiago coa Ronda do Carme a pintura xa desapareceu nun treito, unha mostra da “chapuza” que o goberno de Lara Méndez está a realizar. Ademais o trazado e os pasos de peóns que quedan nese punto, son un verdadeiro perigo para peóns, ciclistas e condutores. Pero coma este hai máis exemplos, xa que na contorna da Residencia tamén está comezando a desaparecer a pintura en diferentes zonas.

Deficiencias detectadas gracias a que o Grupo Municipal do Partido Popular segue en contacto con colectivos veciñais, que seguen a reivindicar que se corrixa o trazado do carril bici xa que xera máis problemas dos que soluciona e afirman que ante a eliminación de centos de prazas de aparcamento en diversas rúas do barrio da Residencia, hai veciños “fartos desta situación” que comezaron a estacionar no carril bici ante a imposibilidade de atopar un sitio para deixar o seu vehículo. “Está claro que dende o PP non podemos amparar este tipo de conductas, pero a realidade é que é preciso dar solucións urxentes a todos os afectados, algo que defendemos dende hai meses”, apuntou.

Outro claro exemplo é a dificultade para a circulación na Ronda do Carme, onde os vehículos de emerxencias teñen serios problemas para circular, sendo o exemplo máis claro unha ambulancia que estivo a piques de non poder pasar e quedar atrapada cando ía a atender un atropelo. Situación que se repetiu en varias ocasións, e que se agravará cando se poña en funcionamento o Centro integral de Saúde e a base do 061 no barrio da Residencia.

Responder

nineteen − ten =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies