Parques infantísZona rural

O PP pide que se estude a posibilidade de crear unha zona de xogos infantil no barrio de Galegos 

By 9 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Os concelleiros populares seguen a percorrer os barrios do municipio, dentro do programa #CosPésEnLugo, e nesta ocasión visitaron Galegos, onde os veciños reclaman a mellora do mantemento do barrio e a creación dunha zona de xogo para os pequenos

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo seguen a manter realizando visitas aos diferentes barrios da cidade, enmarcadas dentro do programa #CosPésEnLugo, unha dinámica de traballo coa que queren poñer fin aos problemas que os veciños das diferentes zonas do municipio teñen que lidiar a diario.

Nesta ocasión os populares achegáronse ao barrio de Galegos, unha zona próxima ao Hula e na que, cunha simple ollada, é perceptible o abandono do goberno local. Urxen reparacións nas vías de acceso, moitas delas con baches e partes en terra, sen esquecer a falta de mantemento das vías municipais e a pista deportiva, dotación que conta con canastras rotas e porterías sen redes.

Unha situación ante a que os concelleiros populares recollen as propostas dos veciños e piden o correcto mantemento da zona e que se estude a posibilidade de acondicionar un parque infantil con zona verde neste barrio, se pode ser nas proximidades do local social, xa que para os veciños é a mellor localización para esta zona de xogos para os nenos, ao estar ao carón da pista deportiva.

Esta zona de xogos infantil podería localizarse nas proximidades do local social, onde hai terreos municipais e podería contar tamén cun parqu biosaudable. “Un xeito de crear unha zona de esparcemnto a escasos metros do Hula, que daría servizo tanto a veciños de Galegos coma usuario do propio hospital”, explican.

Para isto, os populares presentarán unha iniciativa para que o goberno local o teña en conta.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies