O PP asegura que os máis de 32M€ pagados con reparos de legalidade en 2021 evidencian o fracaso da nefasta política económica de Méndez e Arroxo

By 10 Xaneiro, 2022Economía

O voceiro do Grupo Municipal do PP Ramón Carballo critica que Lara Méndez e Rubén Arroxo sigan o camiño de manter ao Concello de Lugo nunha espiral de pagos ao marxe da lei que ten como mellor exemplo en que pecharon o ano 2021 con 32.138.166,37€ con reparos de legalidade

O Concello de Lugo segue a ser protagonista en materia económica, sempre nun sentido negativo, e neste comezo de 2022 non ía ser menos, xa que durante o ano anterior Lara Méndez e Rubén Arroxo autorizaron o pago de 32.138.166,37€ con reparos de legalidade, debido a elevado número de servizos que se prestan no concello lucense co contrato caducado ou sen contrato.

Esta cifra supón que durante o pasado ano o Concello de Lugo destinou a terceira parte do seu orzamento a pagar facturas ao marxe da lei debido a que dende o goberno local prefiren manter estes servizos nunha situación irregular a sacalos a contratación públicas para que se desenvolvan nun correcto cauce xurídico.

Ramón Carballo culpa á “nefasta” planificación económica de Lara Méndez e Rubén Arroxo, que se ve reflectida no pago de facturas con reparos de legalidade. “Despois de que a alcaldesa e o vicealcalde sacaran peito por aprobar os orzamentos para este ano temos que recordarlles que son eles os que destinan a terceira parte dese orzamento a pagar facturas que non seguen os procedementos legais”, explicou.

Os contratos que se atopan nunha situación de ilegalidade e que acumulan unha maior contía económica se atopan:

  • Recollida do lixo: 6.766.703,58€
  • Edar: 1.869.609,17€
  • Etap: 1.616.712,21€
  • Mantemento rede semafórica: 1.526.990,76€
  • Limpeza das dependencias municipais: 1.960.524,73€
  • Mantemento das zonas verdes: 1.279.801,86€

Unha situación que xa é característica deste bigoberno, coñecido por ser “un mal pagador habitual”. Uns datos que reafirman que a política económica do goberno local precisa “dun cambio inmediato”.

Ramón Carballo insiste na necesidade de devolver á legalidade todos aqueles servizos que se atopan co contrato caducado ou sen contrato, xa que, segundo recoñecen dende a intervención municipal en varios informes, estes pagamentos derivan da prestación de servizos efectuadas sen soporte contractual que os ampare en función da súa natureza, informes nos que se sinalaba que se efectuaban os reparos “ben porque tivera finalizado a vixencia dos respectivos contratos sen terse iniciado o expediente de novas licitacións, permitindo a continuidade das prestacións en precario e coa natureza da prórroga consentida sen cobertura contractual, ben porque se tivera considerado como gastos/contratos menores non xustificándose tal condición nin pola natureza, nin pola periodicidade nin pola contía acumulada”.

Leave a Reply

19 − sixteen =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies