InfraestruturasSeguridadeTráfico

O PP pide vixilancia na Praza da Milagrosa para evitar posibles atropelos aos peóns que camiñan pola praza

By 7 Xaneiro, 2022Sin comentarios

Os concelleiros populares fanse eco das queixas dos veciños que alertan de que hai condutores que, pese a non poder acceder á praza, circulan por ela ao entrar a través dunha das zonas axardinadas, o que pon en perigo aos veciños que pasan por esta praza

Nos últimos días son moitas as queixas recibidas por veciños da Milagrosa, alertando dunha situación que se está a repetir con demasiada frecuencia nos últimos días: a circulación de vehículos non autorizados pola Praza da Milagrosa, o que pon en perigo aos veciño que pasean por esta transitada zona do barrio.

Explican os populares que segundo lles comentaron os veciños os vehículos non poden acceder á Praza da Milagrosa dende a rúa Doutor Yáñez Rebolo debido a que hai elementos que así o impiden, pero que non evitan a circulación xa que hai condutores que optan por acceder a través da zona axardinada da praza, poñendo en risco aos veciño, moitos deles nenos e nenas que aproveitan as dimensións da zona para correr e xogar.

Debido a esta situación, os concelleiros populares piden a Lara Méndez maior vixilancia para poñer freo a este tipo de situacións “antes de ter que chegar a lamentar calquera tipo de desgraza”. Unha vixilancia que os veciños piden que se estenda tamén a ciclomotores e motocicletas, que poden acceder sen problema por calquera zona da praza, o que tamén pon en risco aos veciños.

Unha problemática existente no barrio dende que a alcaldesa decidiu, unilateralmente, a remodelación deste espazo público, obrigando a numerosos cambios de tráfico no resto de rúas próximas, sen ningún tipo de plan de tráfico alternativo, xerando numerosos problemas aos veciños e deixando unha parte do barrio sen servizo de transporte público.

Responder

10 − ten =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies