O PP propón unir o parque de Rosalía co parque do Miño atravesando con pasarelas o Marcos Cela

By 20 Xullo, 2021Infraestruturas, Medio Ambiente

O vicevoceiro popular explica que “hai que ofrecer a veciños e turistas unha conexión real, cómoda e segura entre a cidade e o río” puntualizando que “hai fondos europeos do Edusi para acometer este proxecto que abriría o casco urbano da cidade ao Miño”

O Partido Popular levará a pleno unha proposta para unir o parque de Rosalía de Castro co Parque do Miño “estamos falando dunha intervención global na que crearíamos un corredor verde que comunicaría, con dúas pasarelas duns 50 metros cada unha aproximadadmente, tres parques”.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que “a intervención que presentamos forma parte do proxecto do PP de Barrios en Igualdade” no que o que se busca é deseñar unha infraestructura verde urbana que interconecte espazos verdes  trazando un corredor seguro que comunique a cidade co Miño.

Ameijide explica que “o proxecto arrancaría na zona da cota máis baixa do Parque de Rosalía de Castro á altura da explanada do pavillón vello dos deportes “esta primeira pasarela uniría este punto co Parque Marcos Cela” engadindo que habería que proxectar unha segunda pasarela que partiría do Marcos Cela co mirador de Volta da Viña”.

Os populares destacan que con respecto ao finaciamento se poderían utilizar “fondos europeos do Edusi ou ben fondos propios”. Antonio Ameijide explica que “aprobar esta iniciativa si sería unha boa nova para os luncenses xa que suporía, no ano que celebramos o 100 aniversario do Parque de Rosalía, unha intervención de futuro coa que abriríamos a cidade ao río Miño”.

Os populares suxiren un concurso de ideas para o deseño desta infraestructura verde urbana xa que estamos falando de interconectar espazos e elementos verdes e ademáis estamos brindando a oportunidade para que lucenses e turistas podan subir e baixar ao río de forma cómoda e segura”.

Ameijide lamenta “a pouca visión de cidade da alcaldesa” que programou actuacións cuestionables dentro do proxecto de Muramiñae como a construción da pasarela dun millón de euros nunha zona onde xa hai un paso soterrado no que tamén se vai intervir. “É unha mágoa que Lara Méndez non teña un proxecto claro de cidade e faga un copia pega malo de ideas doutras cidades europeas que nada teñen que ver con Lugo”

Para Ameijide a unión dos tres parques que comunicarían a cidade coa beira do río é unha proposta de vangarda no ámbito do medio ambiente. “Confiamos que lle den o visto bo, que se planifique unha partida económica de cara aos vindeiros orzamentos e o máis importante que se coordinen entre todas as áreas de goberno implicadas ainda que teñan que sair PSOE e BNG xuntos nas fotos para vender esta infraestructura”.

Os populares aproveitan esta proposta para pedir que se peche o cinto verde lembrando que o trazado deste anel cúrtase á altura de Arias Nadela . A este respecto, o concelleiro popular recorda que existen dous acordos plenarios, a iniciativa do PP, nos que se instaba ao goberno socialista a iniciar as xestións oportunas cos propietarios das parcelas situadas entre o Paseo do Miño e do Rato para adquirir todos os terreos e completar o parque periurbano. Falamos da adquisición de aproximadamente 39.829m2 que, na actualidade, presentan un estado selvático.

Leave a Reply

4 × four =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies