O PP di que o dobre decreto de Arroxo que denegou e logo autorizou as festas de Coeses reflicte o caos do bigoberno

By 19 Xullo, 2021Sen categoría, Zona rural

O Partido Popular sumouse o pasado venres ao malestar dos veciños de Coeses que estaban indignados porque o bigoberno comunicáballes  ás 14.00 horas  do día anterior á festa que non podían celebrala pese a que no último decreto da Xunta, con data do venres , 16 de xullo, lles permitía este tipo de celebracións.

O concelleiro popular Manuel López recriminou que Rubén Arroxo “por decreto” lles informase con tan pouco tempo “desta decisión  e lle pedía ao vicealcalde que xustificase “en que criterio se baseaba para adoptar esa medida”. A presión veciñal xunto coa  denuncia pública que fixo o Grupo Popular obrigou ao tenente de alcalde nacionalista a dar marcha atrás e a emitir un segundo decreto ás 20.32 no que aprobaba o festexo.

Aos populares parécelles “moi grave” que Rubén Arroxo “non se enterase da normativa vixente e provocase malestar e molestias aos veciños que tiveron que dar orde de retirar os bares da festa e rescindir os contratos coas orquestras ainda que logo a raiz da autorización recuperaron a infraestructra e actuacións previstas”.

Os populares entenden que o goberno local debe velar para garantir a seguridade  lamentanto que “o bigoberno de Lugo enrrede sen motivo xerando confusión e caos nun tema que estaba moi claro” engadindo que o primeiro decreto que asinou o vicealcalde nacionalista baseabase nunha normativa desactualizada”.

 

Leave a Reply

six + 19 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies