TráficoUrbanismo

O PP insta ao goberno local a eliminar o tapón de Ramos Misioné para mellorar a circulación

By 20 Xullo, 2021Sin comentarios

Os concelleiros Grupo Municipal do Partido Popular piden ao bigoberno que escoite aos veciños desta rúa e dea seguridade viaria a esta zona na que a diario hai atascos e problemas de tránsito para os vehículos xa que se trata dunha rúa moi transitada e nela hai unha escola infantil

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo piden a Lara Méndez e Rubén Arroxo que escoiten as peticións dos veciños da rúa Ramos Misioné, que levan anos pedindo unha mellora na rúa para solucionar os problemas existentes para a circulación de vehículos.

Sinalan os populares que urxe unha actuación para, en primeiro lugar, eliminar un tapón urbanístico existente ao inicio desta rúa, moi preto do cruce coa rúa da Zarra, xa que ao tratarse dunha vía de dobre sentido de circulación e na que ademais hai unha escola infantil, hai que garantir unha fluída circulación dos vehículos.

Neste senso, os populares agardan que agora si o goberno se poña a traballar para corrixir esta situación xa que hai un acordo plenario de febreiro de 2020, impulsado polo PP, para que o Concello de Lugo realice un censo dos tapóns urbanísticos que hai no municipio  e que así se poida poñer en marcha un plan de supresión dos mesmos dotado das partidas económicas suficientes e no que se estableza unha planificación priorizando as que máis risco xeran aos peóns e máis dificulten a mobilidade na cidade. “Vemos como levantan a man pero de nada serve xa que semella que non fixeron nada”, lamentan.

Ademais, os populares apuntan a que sería preciso mellorar a sinalización horizontal desta rúa e tamén piden a colocación dun espello na confluencia coa rúa Barrio Capilla de Fingoi, xa que a visibilidade é moi mala e un simple espello solucionaría moitos dos problemas que os condutores sofren a diario na entrada e saída dende Alfonso X.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies