O PP pregunta ao BNG se obrigará a Méndez a ter apagadas as pantallas dixitais aplicando o mesmo protocolos sanitario que aplican nos museos

By 21 Xullo, 2021Cultura

A concelleira do Grupo Municipal do PP Beatriz Vázquez afirma que Arroxo ten a opción de demostrar se realmente se preocupa pola saúde dos lucenses ou se o único que fixo foi poñer a covid coma escusa ante a súa nefasta xestión á fronte dos recursos culturais do Concello de Lugo

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Beatriz Vázquez, pregunta ao BNG se aplicará ás pantallas táctiles que Méndez vén de instalar na cidade as mesmas medidas anti covid que impuxeron no MIHL.

Recorda Beatriz Vázquez que o 75% dos recursos interactivos da exposición permanente do Museo Interactivo da Historia de Lugo non funciona e que nas dúas maquetas interactivas que hai neste espazo pode verse o cartel de ‘fóra de servizo/out of service’, sen esquecer que hai proxeccións e vitrinas que non funcionan e que a caixa negra para as proxeccións, que ten unha pantalla de 10 metros de altura, non se usa. Unha situación para a que Rubén Arroxo empregou como escusa que (e citamos textualmente a Rubén Arroxo): “Agradecémoslle ao PP que despois de 16 meses de pandemia se acheguen a unha sala museística municipal, dado que estes elementos, ao ser táctiles, levan desconectados dende entón por cuestións sanitarias. Agardemos que canto antes todo mellore e volvamos á normalidade para poder usalas”.

Unha situación ante a que Beatriz Vázquez pregunta ao vicealcalde se desconectará tamén as novas pantallas táctiles instaladas por Lara Méndez para cumprir cos protocolos sanitarios que rexen no Concello de Lugo e para “cumprir esas cuestións sanitarias” que no se día aludía Arroxo.

Beatriz Vázquez afirma que quere coñecer se era verdade o que dicía Rubén Arroxo, xa que de ser así damos por feito que recomendará ou obrigará a Lara Méndez a apagar estas pantallas, senón está claro que mentía e simplemente era unha escusa para tapar a ineptitude do bigoberno.

Para a concelleira popular, Arroxo ten ante si a opción de demostrar se realmente se preocupa pola saúde dos lucenses ou se realmente o único que fixo foi poñer a covid coma escusa ante a súa nefasta xestión á fronte dos recursos culturais do Concello de Lugo.

Leave a Reply

eighteen − sixteen =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies