Economía

O PP presenta dez medidas fiscais para axudar, captar emprendedores e manter empresas

By 7 Outubro, 2021Sin comentarios

Os populares trasladarán a emprendedores, autónomos e empresarios lucenses as rebaixas fiscais que proporán a PSOE e BNG para as ordenanzas fiscais de 2022 xa que entenden que a recuperación da economía local pasa por “buscar fórmulas de captación de empresas, incentivos fiscais e creación de emprego polo que pedirán un esforzo ao goberno local”

O vicevoceiro popular presentou as modificacións que o Grupo do PP propón realizar en varias ordenanzas fiscais co obxecto de introducir reducións en apoio aos sectores económicos máis afectados pola covid e para contribuir á reactivación económica e social do municipio. Entre as propostas para bonificar aos emprendedores, autónomos e empresarios, Antonio Ameijide enumeraba as seguintes:

1.- Bonificación do 50% das taxas das comunicacións previas, das taxas de licencias de apertura de establecementos e do Imposto de Construccións para obras (ICIO) en negocios que abran, amplían ou  reformen ao longo do ano 2022.

EXEMPLOS:

Con respecto á bonificiación do 50% do ICIO se tomamos como exemplo unha obra cun orzamento de 180.000 € para acondicionar un establecemento o promotor tería que pagar ao concello 7.200€ e coa rebaixa que propoñemos quedaría en 3.600€.

Outro exemplo: nunha reforma dun baixo nunha tendana que invirte o promotor 50.000€ tería que pagar unha licencia de 2.000 €. Coa nosa bonificación aforraríamoslle 1.000 €.

No caso da licencia de apertura de establecemento poñemos como exemplo unha tenda de 150m2 no casco histórico pagaría 540 € co que a bonificación do 50% suporía o pago da metade desta cifra. Hai que lembrar que no caso de ser a súa primeira actividade xa existe un desconto do 25% polo pedimos  aumentalo  ao 50%.

2.- Reducir a taxa de lixo ás actividades profesionais que apenas xeran residuos. Na actualidade a ordenanza  pola prestación do servizo de recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos contempla que un supermercado, un bar e un despacho de avogados, de arquitectos, unha axencia de comunicación por exemplo, paguen o mesmo pola recollida de lixo cando é obvio que non é comparable o volume de lixo que xenera unha actividade ou outra. Por tanto o que reclamamos é que na ordenanza “se tome como base de cálculo o tipo de actividades e os residuos que xenera en lugar de só ter en conta superficie xa que non é lóxico que actividades que xeran un volume importante de residuos sólidos urbanos paguen o mesmo que un negocio ou un despacho cando a súa actividade apenas produce residuos”.

Exemplo: un supermercado de 500 m2 paga 213,76 €, que é a mesma cantidad que abona unha oficina tipo asesoría, axencia de comunicación ou estudio de arquitectura, enxeñería … etc

3.- Eximir de pago ou bonificacións proporcionais á redución de servizos, se hai peches pola covid ou por outras circunstancias sobrevidas nas taxas de saneamento, auga e lixo.

4.- Eximir do pago ou bonificacións proporcionais á reducción de servizos, se hai peches pola covid ou por outras circunstancias sobrevidas no Imposto de Tracción Mecánica de vehículos de empresa.

5.- Bonificación do IBI  aos titulares de vivendas e inmobles destinados a actividades económicas  (ocio, hostelería, hotelería, hospedaxes, comercial, espectáculos) se hai peches pola covid ou por outras circunstancias sobrevidas

6.- Bonificación do IBI  para os cines, salas espectáculos e salas de concertos que quedan na cidade de Lugo e así aliviar a carga económica logo da redución de aforos ou a prohibición de vender alimentos no interior.

7.- Queremos que as categorías fiscais volvan a terse en conta á hora de calcular a taxa dos vados. Na ordenanza de aproveitamento de vía pública con entradas de vehículos e reservas de vía pública, que aprobou o ano pasado o PSOE e o BNG co voto en contra do PP, se suprimiu o criterio de ter en conta a categoría fiscal da rúa para calcular esta taxa. O feito de unificar as categorías fiscais perxudicaron aos negocios e edificios que teñen vados nas zonas máis humildes que, neste momento, pagan o mesmo recibo que un baixo ou edificio que está situado en pleno casco histórico.

Tamén  propoñemos que a taxa do vado comercial de oito da mañá a oito da tarde se reduza ao 50% xa que o ano anterior PSOE e BNG equipararon o importe de reserva de 12 horas a 24 horas o que está a provocar un aluvión de queixas por sobrecustes nos recibos que nalgúns casos ata se chegaron a triplicar.

8.- Solicitamos a reformulación integral da ordenanza da ORA para poñer en marcha un sistema rotatorio do aparcamento gratuito co que se facilitará o aparcamento en zonas onde hoxe é moi complicado ir en vehículo propio, impulsando medidas para facilitar o funcionamento dos negocios nestas zonas ao mellorar o acceso a eles.

9.- Queremos a modificación do procedemento de cálculo do recibo da auga, garantindo a lectura trimestral ou repartindo as lecturas reais entre os trimestres nos que non se practicou lectura, evitando deste xeito cobros abusivos do Concello. Nese senso reclamamos que “se especifique na ordenanza correspondente o sistema da estimación de consumo que utiliza para que a lectura de  contadores non sexa arbitraria”.

10.- Queremos que se rebaixe o 10% do coeficiente do tipo de gravamen do IBI Urbano e pasalo do 0,67 ao 0,6 xa que Lugo é a capital galega que ten máis alto este tipo impositivo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies