O PP pregunta se é compatible que o interventor asuma novas funcións no equipo da alcaldesa

By 22 Abril, 2021Transparencia, Urbanismo

Para Ramón Carballo resulta sorprendente que “a solución da Lara Méndez para resolver a crise do departamento de urbanismo sexa sobrecargar a un dos funcionarios con máis responsabilidades para supervisar ao novo concelleiro de urbanismo, Álvaro Santos, e aos recén nomeados xefes deste servizo”

Os populares temen que as novas atribucións do interventor estén ao fío da legalidade polo que preguntan se “é compatible que a mesma persoa que asume as funcións de intervención tome decisións e  coordine as áreas que ten que fiscalizar”.

O voceiro popular Ramón Carballo amosou “a súa sorpresa” polo feito de que a alcaldesa de Lugo encargue a coordinación do servizo municipal de urbanismo ao interventor ademais das funcións de coordinación xeral e específica das Áreas de Alcaldía tal e como figura no decreto de orgaización do 16 de abril”.

Aos populares chámalles tamén a atención que “neste documento cando se fala da secretaría xeral e da xunta de goberno local se fale de funcións de coordinación con respecto a determinados procedementos pero, cando se refire ao interventor, fala directamente de coordinación polo que semella que a súa función é coordinar á alcaldesa e a Álvaro Santos”.

Os populares “agardan que con este novo cometido o funcionario elixido non desatenda a tremenda carga de traballo que ten o seu servizo regularizando os contratos caducados, velando para que se paguen as facturas en prazo a proveedores,  e controlando que non haxa morosidade”.

Para os populares resulta chocante que a solución da alcaldesa para este departamento sexa agora sobrecargar a un dos funcionarios con máis responsabilidades para supervisar, non só a Alvaro Santos senon tamén ao xefe do servizo de urbanismo.

Leave a Reply

twenty − 17 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies