Cultura

O PP propón crear un diploma testimonial do paso por Lugo para os peregrinos que fan o Camiño Primitivo

By 22 Abril, 2021Sin comentarios

Os populares atendendo ás peticións da Asociación de Amigos do Camiño propoñen “que se deseñe un diploma tipo Muxiana, Fisterrana ou Compostela, para entregar aos peregrinos que fan a ruta de Santiago polo Camiño Primitivo e que inicien, alomenos o camiño partindo do límite da provincia de Lugo

populares defenderon esta mañá en comisión  un rogo para que se deseñe un diploma tipo a Muxiana, Fisterrana ou Compostela, para aqueles peregrinos que veñen dende Oviedo, ou ben como mínimo dende o límite da provincia de Lugo. A concelleira popular Beatriz Vázquez fixo esta petición logo de manter un encontro coa directiva da Asociación de Amigos do Camiño, entidade que traballa para potenciar o Camiño e que este sexa un atractivo turístico de primeira para Lugo.

Beatriz Vázquez  explica “o paso dos peregrinos que veñen da Fonsagrada  beneficiaría máis á hostelería, que se toman como punto de partida Lugo, xa que farían noite na cidade e máis gasto en establecementos do municipio”. O diploma que queremos que se deseñe, que debería de incluír os tres patrimonios da cidade, sería un aliciente para moitos peregrinos que coleccionan este tipo de documentos que acreditan e dan a benvida á cidade aqueles que fan a ruta do Camiño Primitivo.

Os populares cren que “ainda estamos a tempo de recuperar o tempo perdido á hora de promocionar e captar peregrinos de vilas con tradición xacobea e impulsar á cidade de Lugo como lugar de paso do Camiño Primitivo” e piden ao bigoberno “que tomen decisións e traballen para favorecer a súa posta en valor”.

Responder

seven − two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies