Zona rural

O PP pide que se mellore a seguridade do tramo do camiño de Santiago ao seu paso polo Burgo

By 15 Xaneiro, 2016Febreiro 4th, 2016Sin comentarios

O edil popular Manuel López explica que, cando chove,  o treito que atravesa este núcleo rural “convértese nun charco continuo que cobre a estrada facéndoa impracticable” polo que insta á Deputación, titular do vial, a que solucione este problema

O Grupo Municipal do Partido Popular reclama ao goberno local que poña todos os medios ao seu alcance para mellorar a seguridade do Camiño Primitivo de Santiago ao seu paso pola parroquia do Burgo. O concelleiro popular, Manuel López, afirma que “é necesario canalizar a auga que cando chove invade por completo o pavimento desta estrada provinciall”.

Os populares suxiren que para solucionar este punto negro do Camiño Primitivo, situado na estrada provincial que vai dende a estrada de Friol, en San Xoán do alto ata Villamaior de Negral, se inste á titular da vía a que leve a cabo dúas actuacións: a primeira, e máis inmediata  en aras a mellorar a seguridade vial,  sería  arranxar este tramo da CP-2901. A segunda cuestión sería iniciar as obras previstas de circunvalación desta parroquia. Manuel López lembra que esta infraestructura é unha vella demanda e que hai proxectos para levar a cabo esta actuación dende o ano 2006. O popular destaca que mesmo existe un proxecto aprobado pola Deputación en abril de 2013 do que nada se sabe. “A previsión era facer unha nova vía de 2,1 quilómetros bordeando o núcleo do Burgo cun orzamento de 510.364,67 €” puntualizou Manuel López.

Manuel López puxo de manifesto que, ambas actuacións son urxentes xa que se trata dun vial que rexistra bastante tráfico ao comunicar Lugo coas parroquias de O Burgo, Poutomillos, Prógalo, San pedro de Mera e Bacurín. A este tránsito habería que sumar os vehículos de Friol que acceden á capital por esta estrada.

Os populares insisten en que, a día de hoxe, é moi perigoso pasar por este tramo como consecuencia “do charco continuo que se forma nun tramo de curvas antes da escola”. “A pista está asolagada pola auga que brota dun manantial e que cobre a practica totalidade do asfalto” concluiu o edil popular.

López reflexionou “estamos sufrindo as conscuencias dos parches que fixeron nesta vía os gobernos socialistas xa que en vez de canalizar a auga se limitaron a bachear sen máis”. “Con este panorama é difícil que os peregrinos que percorren esta ruta podan gozar con tranquilidade da paisaxe e sosiego propios deste itinerario”, matizou López.

O Grupo Popular recoméndalle ao goberno socialista aproveitar a distinción de Patrimonio da Humanidade que ten o Camiño sublimando que antes de programar máis visitas guiadas se vele por presentar un itinerario seguro. Manuel López ironizou co feito de que os socialistas pretendan facer de Lugo como porta de entrada a Galicia do Camiño Primitivo  cando son incapaces de certificar que sexa unha ruta segura.

Responder

3 × 3 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies