Obras

O PP critica a “reparación en falso” das rúas Noriega Varela e Rof Codina

By 17 Xaneiro, 2016Febreiro 4th, 2016Sin comentarios

O concelleiro popular Antonio Ameijide ironiza con que “estamos diante dun goberno parche, cunha alcaldesa que non quería selo e, polo tanto, cada medida que adopta non deixa de ser un remendo”

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo Antonio Ameijide critica a “reparación en falso” de Noriega Varela e Rof Codina, dúas rúas nas que vén de intervir o goberno municipal logo do acordo entre PP e PSOE de xuño de 2014 para o investimento dos remanentes de tesourería de anos anteriores.

A respecto de Noriega Varela, o edil de Obras do GMPP denuncia que “os socialistas están a desaproveitar a oportunidade de realizar unha intervención integral que permita dar solucións a vellos problemas”. Nesa liña, apunta que, entre as deficiencias que non se van corrixir, se atopa a zona de aparcadoiro desta vía situada na intersección coa Ronda da Muralla, xa que “mantense o estreitamento e a zona de terra continuará en idéntico estado por non terse reunido cos propietarios deses terreos para ampliar as súas dimensións e gañar espazo público nese punto.

Así mesmo, Ameijide lamenta que “o lado dereito, en sentido subida, vaia quedar nun estado intransitable para os peóns, sen beirarrúa nin beiravía e cun desnivel nalgún punto de dous metros de altura”, polo que urxe aos socialistas a adoptar medidas “ante o risco evidente que entraña tanto para os condutores como especialmente para quen camiñan”.

No relativo a Rof Codina, o concelleiro popular subliña que “tampouco se deu a resposta integral que precisaba esta rúa”, posto que “aínda que si é certo que se ofreceu unha solución para os peóns que acceden dende a Ronda das Fontiñas, pero non para os que camiñan dende Montirón, quen non contan con beirarrúas nin no lado dereito nin no esquerdo”. “E todo por non facer unhas mínimas xestións cos propietarios para evitar que unha beirarrúa remate nunha parede”, reflexiona Ameijide, quen censura que “gastemos diñeiro público para perpetuar os mesmos problemas que había antes de intervir, como este tapón urbanístico que se perpetúa alí”.

Ante esta situación, o popular opina que “estamos a falar dun investimento de preto de catro millóns de euros que, en moitos casos, o único que fai é consolidar vellas necesidades sen darlles saída”, ao tempo que subliña que “o novo goberno local está vivindo das rentas das obras que aprobamos PP e PSOE en xuño de 2014, pero o triste é que as están a executar de xeito parcial e cun carácter de total provisionalidade”. “En definitiva, parches e remendos dun goberno parche e dunha alcaldesa que non quería selo”, conclúe.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies