O PP pide ao pleno que defenda aos traballadores de Correos e a gran labor que realizan como elemento vertebrador do territorio

By 21 Maio, 2021Economía

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López defende que Correos xoga un indubidable papel para contribuír á cohesión social, territorial e económica do país, polo que urxe que o Concello de Lugo inste ás entidades correspondentes a que adopten as medidas necesarias para garantir a prestación dos servicios postais e a súa permanencia no municipio

Correos xoga un indubidable papel para contribuír á cohesión social, territorial e económica do país, a nivel estatal, autonómico e, sobre todo, no ámbito municipal, percorrendo e atendendo diariamente todas as localidades e municipios do Estado, garantindo a prestación dun servicio público á cidadanía, empresas e administracións na totalidade dos núcleos de poboación, á marxe da súa rendibilidade económica.

É por iso que o concelleiro popular Manuel López sinala que o seu grupo defenderá no vindeiro pleno unha iniciativa para que o Concello de Lugo inste ás entidades correspondentes para que adopten medidas, que entendemos necesarias, para garantir a prestación dos servicios postais e a súa permanencia neste Municipio de Lugo.

O popular sinala que tralos últimos acontecementos vémonos na obriga de defender esta proposta xa que urxe afrontar dilixentemente a cobertura dos postos estructurais suprimidos na unidade de reparto de Lugo, que son necesarios para ofrecer un servicio de calidade á cidadanía.

Tamén cómpre manter a calidade das condicións laborais, garantindo unha plantilla con suficientes traballadores e traballadoras e que se garantan os compromisos de financiamento que permitan na nosa localidade, cumprindo os parámetros de calidade determinados pola Lei, se asegure que todos os cidadáns reciban o reparto de correspondencia 5 días á semana como se establece na Directiva Postal europea.

Manuel López pon sobre a mesa unha serie de datos que falan ás claras da importancia do servicio postal, que atende a máis de 8.000 municipios, 16 millóns de fogares, 3.2 millóns de empresas e un total de 7.100 puntos de atención no ámbito rural (carteiros/ as rurais e oficinas) e máis de 100.000 quilómetros diarios.

Os Servizos Postais son un valor arraigado na vida social dos municipios dende a prestación dun Servicio Público, contribuíndo ao desenvolvemento económico dos mesmos, facilitando e dando accesibilidade ao dereito de cidadáns, comercios, empresas e administracións a dispoñer dun servicio postal a prezo alcanzable e de calidade. “Pero coas actuais políticas estratéxicas e de xestión da Dirección de Correos este dereito estase limitando”, sinalou.

O concelleiro popular refírese a que en Lugo, Correos suprimiu 3 postos de traballo, quedando 44 carteiros na zona urbana. Pola súa banda, os carteiros rurais do Concello de Lugo, viron incrementada a súa carga de traballo derivada da absorción de servicio pola supresión dunha praza do Concello de O Corgo. Sen esquecer que a empresa pública está a levar a cabo un recorte na contratación que está a deixar sen cubrir o emprego estrutural así como os permisos e calquera tipo de ausencia dos traballadores e traballadoras.

Como consecuencia desta decisión, con toda seguridade, os servicios de distribución postal prestados ata o de agora nestas unidades de repartición baixarán a súa calidade, co consecuente prexuízo para os cidadáns e empresarios de Lugo.

Leave a Reply

9 + 18 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies