Economía

O PP “moi preocupado” tras ver como o goberno local deixa no aire unha suba de impostos para 2023

By 23 Setembro, 2022Sin comentarios

Os populares preguntaron directamente ao goberno local se vai subir impostos e taxas municipais en 2023 para cubrir os desfases e dende o goberno local non o negaron polo que no PP temen que Lara Méndez xa está planificando nos orzamentos do vindeiro ano unha suba de impostos ou cun severo recorte de servizos aos lucenses

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP saíron moi preocupados da comisión de contas na que se abordou a Conta Xeral de 2021, xa que á pregunta directa que lanzaron os populares de se o goberno local vaia  subir imposto sen 2023 o goberno local non foi capaz de negalo.

“Se entramos preocupados na comisión tras avaliar a documentación da Conta Xeral de 2021 saímos máis preocupados tras ver como o goberno local non é capaz de negar con rotundidade que vai a subir impostos e taxas”, afirmou Antonio Ameijide.

Unha situación que preocupa é moito no PP, tras ver como nós últimos anos tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo “amosaron un preocupante complexo de novos ricos” que afectou gravemente ás arcas municipais ao dilapidar case que todos os aforros dos lucenses, que ao comezo do mandato (en 2019) eran duns 50M€.

Antonio Ameijide insiste en pedir contención do gasto tanto a Lara Méndez como a Rubén Arroxo e que eviten os gastos innecesarios que levan anos realizando xa que se seguen así so vai haber dúas saídas: ou subirán os impostos ou reducirán servizos aos lucenses no vindeiro ano.

No PP non entenden a intención do goberno local de sacar peito afirmando que segundo as súas contas cada lucense gastou un 6% durante 2021, dato que neste caso non é positivo xa que “os lucenses aumentamos o gasto debido á inflación que aumentou o custe da vida”.

Nas filas populares temen que o goberno local vai tomar un dos seguintes camiños: subir impostos, recortar servizos ou recorrer aos aforros dos lucenses despois de comprobar os desfases existentes entre ingresos e gastos, algo que se comproba acudindo ao estado da liquidación de 2021, onde hai un desfase negativo de 2.896.419,65€. “Lara Méndez gasta máis (94.138.671,09€) do que ingresa ou prevé ingresar (91.242.251,44€)”, apunta.

No capítulo de ingresos, o goberno de Lara Méndez ingresou a metade do previsto. Inicialmente contaban uns ingresos de 152.321.089,10€ entre ingresos iniciais e modificación e incorporacións orzamentarias, pero a realidade amosou que se quedaron en 77.776.266,73€, ou o que é o mesmo “Lara Méndez recadou so o 51% do previsto, unha nova mostra do que sempre denunciamos dende o PP, as contas municipais eran ficticias”.

Como exemplos destes desfases temos os seguintes impostos:

Imposto de vehículos de tracción mecánica: Lara Méndez prevía ingresar 6.000.000€ pero en realidade ingresou 4.833.926,98€, un 20% menos.

Imposto de actividades económicas: a previsión de ingresos era de 4.600.000€ pero realmente ingresaron 3.437.462,52€, un 26% menos.

ICIO: a previsión inicial era de 2.000.000€ pero os ingresos reais foron de 1.144.539,39€.

Licenzas urbanísticas e apertura de establecementos: a previsión era ingresar 1.100.000€ por ambos conceptos, quedando a realidade en 723.456,55€, o 65% da previsión.

Unha redución nos ingresos reais en relación ás previsións que amosan dúas cousas. Primeiro, un goberno que segue a aprobar unhas contas infladas e, segundo, que todo apunta ao que o interventor indica no seu informe: que en 2023 haberá unha suba de impostos municipais.

Polo ciclo da auga Lara Méndez estimaba ingresar 7.712.007€ pero a realidade quedou en 4.606.458€, un desfase superior ao 40%. No referente á recollida de residuos as previsións apuntaban a 7.281.000€ de ingresos sendo os ingresos reais 4.880.802,90€. Uns datos cos que os populares realizan unha reflexión: “Cando o contrato do lixo era ‘barato’ había un desfase do 35% e agora que renovaron o contrato e aumentou o seu custe ata os 11.700.000€ anuais preguntamos, de onde vai saír o diñeiro para pagar estes servizos?”.

Uns datos económicos moi negativos para as arcas municipais aos que se engaden os saldos de dubidoso cobro. Neste concepto, o Concello de Lugo ten acumulados desde o ano 1992 32.801.293,35€. Destes 33M€, 26.002.729,58€ xeráronse desde que Lara Méndez é alcaldesa, “unha mostra máis da nefasta xestión da rexedora á fronte do Concello de Lugo e de que ano tras ano as súas contas están falseadas e infladas, gastando moito máis do que ingresa, polo que carece de respaldo financeiro algún”.

Ademais destes datos, a Conta Xeral de 2021 contén o informe do interventor que deixan afirmacións moi preocupantes como que “os estados de execución orzamentaria en materia de ingreso, en relación a exercicios precedentes, reflicten un importante estancamento na súa evolución, completamente diferente á evolución ascendente en materia de gastos, polo que compre detectar aqueles feitos impoñibles cuxa realización debera de implicar o nacemento dunha obriga de carácter tributaria, e que na actualidade non teñen reflexo na contabilidade municipal”.

Unha situación que segundo o interventor podería desembocar na “conveniencia da actualización das taxas e prezos públicos, á vista da licitación ou modificación de contratos actuais moi ambiciosos, cun incremento extraordinario do gasto público, que non están amparados polo correspondente aumento en materia de recadación de ingresos (Servizo de augas e saneamento e servizo de limpeza viaria e recollida de residuos urbanos e transporte para o seu tratamento, entre outros).

Responder

three × two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies