Cultura

O PP indignado coa deriva do Auditorio de Magoi “o que era un investimento prioritario agora se desvía para tapar as desfeitas da súa mala xestión”

By 23 Setembro, 2022Sin comentarios

O día no que se cumpren 2 anos e 3 meses dende que o Concello de Lugo é propietario do Auditorio de Magoi o Concello vén de anunciar, en resposta a unhas preguntas do PP, que pretende facer unha modificación de crédito para sacar 1M€ da partida que tiñan prevista para a urbanización exterior do Auditorio de Magoi

Na comisión de contas que se celebrou esta mañá o Partido Popular pediu explicacións sobre os avances que hai nas obras do novo auditorio. A contestación foi que “están en contratación con todos os informes favorables e a punto de licitarse ainda que non se comproteu ningunha data”.

Outra cuestión que desvelou o goberno é que pretenden facer unha modificación de crédito para sacar 1M€ da partida que hay para acometer a macrobra anunciada por Lara “quédanse cos 400.000 € para arranxo de patoloxías que é a cifra que inicialmente se barallou dende o primerio momento hai anos”. “O acondicionamento externo quedaría para unha segunda fase da que non hai data”.

Os populares logo da explicación da representante do goberno local pediu que na comisión de sostenibilidade urbana e cohesión territorial que terá lugar o luns se informe a causa que motiva esta modificación orzamentaria.

Todo apunta que os lucenses, unha vez máis, teremos que pagar pola mala xestión do goberno local xa que ao parecer o millón de euros desvíase para pagar unhas sentenzas polo canon de auga.

Responder

9 + 14 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies