Servizos xerais

O PP lamenta que o goberno local non conteste ao 70%  das queixas que presentan os cidadáns

By 22 Setembro, 2022Sin comentarios

Os populares piden ao goberno local que axilice os prazos de resposta das queixas que se presentan  na Comisión de Suxerencias “para gañar en eficacia e resolver os problemas dos lucenses en tempo e forma”

O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo considera incomprensible a lentitude coa que se están a xestionar as queixas que chegan á Comisión de Suxestións.  “22 das 32 rexistradas entre xullo en agosto seguen sen resposta” explicou o popular tras analizar o documento da Comisión de Suxestións.

Entre as queixas veciñais destacan as dos retrasos nas citas previas, os problemas pola falta de planificación e deficiente sinalización das obras da rotonda de Alfonso X e Volta da Viña que illan o barrio de Magoi e o de Fingoi así como o malestar pola reestructuración dalgunhas liñas de autobús. Tamén hai queixas porque non funcionan os vídeos do Centro de Interpretación da Muralla e pola falta de información de cortes de auga cando se arranxan avarías ou fugas.

Responder

two × three =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies