InfraestruturasUrbanismo

O PP levará ao pleno o desbloqueo do plan parcial do polígono da Louzaneta a petición dos afectados

By 1 Xuño, 2022Sin comentarios

Ameijide critica que a promesa da alcaldesa de 2018 de promocionar o polígono quedase “en papel mollado” explicando que “para o 2022 desapareceu das previsións de traballo de Evislusa aprobadas no informe de xestión a encomenda de desenvolver este traballo polo que “de non cambiar de actitude será outro ano perdido para as 40 empresas deste parque industrial”

O Partido Popular elevará ao pleno deste mes de xuño unha proposición para que se retome o proxecto de desenvolver o plan parcial da Louzaneta para regularizar a súa situación urbanística .

Na reunión que mantiveron onte varios representantes do Grupo Municipal do PP cunha vintena de empresarios e veciños da zona “asumimos o compromiso de colaborar en todo o que estea na nosa man para evitar que continúe o deterioro e o abandono deste polígono onde están implantadas unhas 40 empresas desde 1967”.

Os populares lembran como “neste momento os industriais non poden nin ampliar, nin mellorar nin cambiar o uso destas naves” e por ese motivo “esixiremos que de inmediato o goberno local se poña a traballar para que estes industriais poidan cambiar o uso das naves ou amplialas de forma legal” tal e como se comprometeu hai máis de catro anos e non fixo nada.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide desvelou que “na folla de ruta da alcaldesa non está a promoción da zona industrial da Louzaneta”. “Non é unha afirmación gratuíta, senón que comprobamos na documentación oficial que para este 2022 desaparece das previsións de Evislusa regularizar este polígono industrial”, sinalou.

Ameijide destacou que “esta acción figuraba en 2020 como un dos encargos para impulsar dende o Concello co ánimo de facer a xunta de compensación, así como un estudio económico financeiro do que podería supor a regularización do polígono industrial”. Ameijide detallou que no ano 2021, na memoria de xestión de Evislusa, se acredita que non se fixo nada para avanzar na promoción do polígono, alegando falta de persoal e, na previsión de 2022 directamente desapareceu.

Os populares recriminan “a falta de palabra da alcaldesa que en 2018 prometeu que desbloquearía de forma inmediata esta cuestión” salientando que “a falta de palabra dada desanima aos empresarios”.

Ameijide teme que de non cambiar de actitude “este 2022 sexa outro ano máis perdido para a promoción desta zona industrial na que hai zonas sen saneamento, con problemas de abastecemento e unha inseguridade xurídica para os propietarios que ven como se pechan naves, quedarían en desuso, perdendo o seu valor”.

Responder

19 − two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies