InfraestruturasMedio AmbienteParques infantís

O PP insta ao goberno local a arranxar as deficiencias que presenta a paxareira do parque Rosalía de Castro

By 2 Xuño, 2022Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP lamentan que o lavado de cara que o goberno local lle deu o ano pasado ao parque Rosalía de Castro quedou niso e dende entón dende o bigoberno non se volveron a preocupar por arranxar as deficiencias que se detectan nesta zona verde

O ano pasado o goberno de Lara Méndez realizou un lavado de cara ao parque Rosalía de Castro, unha actuación que dende o Grupo Municipal Popular xa se advertiu que sería algo puntual e que non cubría todas as necesidades desta zona verde, xa que non se realizara ningún tipo de actuación na antiga paxareira do parque.

Un ano despois, o estado deste edificio é peor “sen que ao goberno local lle importe o máis mínimo”. Unha situación de abandono ante a que os concelleiros populares sinalan que é preciso realizar os arranxos necesarios e, para evitar este deterioro, buscar algún uso para este edificio xa que “é unha boa instalación que ten unha boa localización”.

Unha dotación sobre a que os populares xa propuxeron no pasado un posible uso, ao que se negou o goberno local. Os concelleiros populares pediron que o concello asinase un convenio coa asociación galega de animais exóticos, como se solicitaba dende esa asociación, para que na cidade houbera un lugar para cidade que sirva de lugar de recollida para reubicar os animais nun novo fogar ante o aumento do abandono deste tipo de animais.

Mentres tanto, este edificio segue abandonado, deixando unha imaxe moi triste, con cristais rotos e material roto e tirado polo chan no interior.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies