Transparencia

O PP lamenta que os lucenses paguen a corrupción e as tramas que o PSOE implantou durante 20 anos no Concello de Lugo

By 8 Outubro, 2021Sin comentarios

Os populares piden á alcaldesa socialista Lara Méndez e ao seu socio de goberno o nacionalista Rubén Arroxo que deixen de facer  seguidismo do “caciquismo moderno que implantou en Lugo un alto cargo socialista nas adxudicacións de concesións, abuso de contratos menores …”

O voceiro do Grupo Popular de Lugo lamenta que, unha vez máis, os lucenses sexan os que paguen a corrupción do PSOE “as tramas de 20 anos de gobernos socialistas saénnos moi caras” reflexionaba Ramón Carballo. “O diñeiro que presuntamente se embolsou un cargo socialista a cambio de pagar favores a empresas amigas é un exemplo do caciquismo moderno que se implantou no concello de Lugo”.

Carballo pide á alcaldesa “que non tape este funcionamento anormal da administración” e espera que “o bigoberno aprendera a lección dos seus padriños políticos para que non se repitan máis casos coma estes xa que este tipo de escándalos o único que fan é devastar a imaxe de toda a clase política e supoñen unha perda de confianza para os cidadáns nos que xestionan os fondos públicos”. “Un caso así afecta á imaxe de todos os políticos, cando os políticos temos que ser sinónimo de solucións e non de problemas” matizou Carballo.

O PP insistiu, dende o primeiro momento no que se adxudicou o contrato a Cechalva, que “era un mal negocio para Lugo”. De feito “fomos o único grupo político que non apoiou esta operación na mesa de contratación celebrada o 4 de novembre de 2005. Denunciamos que “era un servicio deficitario para os intereses dos lucenses e que supoñía unha sangría económica (entre 2005 a 2017 nos custou 5.2M€)  e por iste motivo pedimos cambiar a xestión do servizo.

O PP tamén lembra que existe un acordo de pleno do ano 2015 no que o BNG propoñía remunicipalizar o servizo do guindastre, unha opción que o PP sempre defendeu tanto con iniciativas propias como doutros grupos dado o burato económico que supoñía para as arcas municipais. Os populares indican como “sorprendentemente” a postura nacionalista mudou dende que está no goberno.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies