Economía

O PP esixe cambios na ordenanza para correxir a suba desorbitada dos vados que duplicaron o seu custe

By 8 Outubro, 2021Sin comentarios

Os populares lembran como o seu grupo, cando votou o ano pasado no pleno en contra desta ordenanza fiscal, xa advertiu á alcaldesa que a unificación de categorías fiscais perxudicaría ás zonas máis humildes de Lugo e ás economías familiares nun momento de crise e incerteza e, agora, co paso dos recibos confirmouse

O Partido Popular pide ao goberno local que cambie a ordenanza que regula o cobro dos vados xa “a modificación que fixo o PSOE e o BNG nesta taxa está supoñendo un aumento abusivo no recibo dos lucenses”.

Antonio Ameijide explica que o empeño do goberno de esquerdas de unificar as categorías fiscais das diferentes rúas para o cálculo da taxa supón na práctica que se cobra o mesmo por unha reserva de vía pública para entrada en garaxes dun edificio na Praza de España que en Santo Grial. “Ao igualar este imposto en toda a cidade prodúcense unhas desigualdades vergonzosas e subas que chegan a duplicar algún recibos”.

Os outros afectados pola ordenanza de PSOE e BNG son todos os autónomos e propietarios de pequenos negocios que nos recibos que lles veñen de chegar comproban como se duplica o importe a pagar polo seu vado comercial. A cuestión é que se está cobrando como vado permanente 24 horas e non como en anos anteriores por ter reserva de praza os días laborables de 8 da mañá a 20.00 horas da noite. Dende o PP anuncian que pedirán que se retrotraiga a normativa e ademais reclaman que o Concello, dado que xa lles cobrou por vado permanente, lles coloque a placa correspondente.

O vicevoceiro popular insiste en que “é necesario un pacto de todos os partidos políticos para impulsar unha nova política fiscal que non supoña un atropelo aos veciños e veciñas” xa que “subas como estas non contribúen a mellorar a economía local e supoñen  un mazazo para o pequeno comercio”. “O espíritu das propostas que imos presentar na mesa de ordenanzas é centrado nas persoas, en apoialos e non en asfixialos como está facendo Lara Méndez e Rubén Arroxo”

Para evitar que o vindeiro 2022 se repita esta situación o PP pedirá modificar esta ordenanza. En primer lugar o PP é contrario á unificación de categorías fiscais para aplicar nesta taxa e tamén reclama eliminar da ordenanza a coletilla na que se especifica que  “cos vados comerciais se aplica a tarifa de 24 horas cando antes se facía o cálculo da reserva de espazo no tramo horario de oito da mañá a oito da noite” duplicándolles a factura aos autónomos e pequenos comercios

EXEMPLO VADOS COMERCIAIS

  • Unha pasaxe comercial en Rúa Miguel de Cervantes paga en el recibo de este año 308 € cuando el año pasado por el mismo vado tuvo que abonar 160,15 €. O aumento neste caso é do dobre do que viña pagando por esta ocupación de vía para acceder á súa empresa case 150 € máis.
  • Unha pasaxe comercial na zona de Catasol pasou de pagar 136,35 € a 308,61 €. Neste caso o incremento foi de 172,26 unha cifra que es más del doble de su factura anterior.

EXEMPLOS DUN PARTICULAR:

  • Na rúa Río Ladra unha pasaxe dun garaxe privado dunha única praza paga este ano 40€ máis de taxa. O recibo do ano pasado foi de 90,84€ e o actual suma 129,96 €. A persoa afectada que presentou reclamación por escrito asegura que “o incremento do 30% no momento actual resulta desorbitado e incluso avanza que está pensando retirar este vado”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies