DeportesInfraestruturas

O PP lamenta que Lara Méndez permita que se malgaste auga no campo de As Pedreiras mentres presume de reducir o consumo municipal de auga

By 26 Xullo, 2022Sin comentarios

Óscar Poy explica que no campo de rugby de As Pedreiras, no que hai un ano investíronse 39.000€ para sementalo e poñer a punto o sistema de rega, estase a despilfarrar auga xa que o rego automático está estropeado e verte auga cara as pistas de atletismo

O anuncio do goberno local de reducir o consumo de auga para cumprir coas recomendacións pola seca e falta de chuvia semellan unha nova campaña propagandística do goberno local máis que un actuación para loitar contra a seca, despois de ver a situación na que teñen o campo de rugby de As Pedreiras, no que se malgasta a auga por ter en mal estado o sistema de rega.

O concelleiro popular Óscar Poy lamenta que “mentres o goberno de Lara Méndez anuncia que apagan as fontes públicas ornamentais para evitar o malgasto de auga mantén avarías nunha instalación deportiva que perde auga cara ao tartán pese a que o campo está totalmente estragado pese a que hai un ano o renovaron por 39.000€”.

Para Óscar Poy estamos ante un novo exemplo da maquinaria propagandística de Lara Méndez que agora ve que pode obter réditos electorais por pechar a billa nas fontes ornamentais, como pensou que podía facer o ano pasado cando prometeu no campo de rugby de As Pedreiras que realizaría un mantemento mensual. “En menos dun ano xa está estragado e teñen que sementar de novo todo o campo, sinal do deficiente mantemento das instalacións deportivas, en sintonía co deficiente mantemento doutras instalacións públicas do goberno local”, criticou.

Unha situación ante a que o concelleiro popular pide “traballo e altura de miras” ao goberno local, xa que esta instalación precisa de novo dunha intervención urxente e aproveita para preguntar ao goberno local se, á vista do estado da instalación, segue a presumir, como fixo hai poucos meses, de que este segue a ser “un dos mellores campos de Galicia para a práctica do rugby”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies