EconomíaInfraestruturasTransparencia

O PP propón invalidar o expediente da Fábrica da Luz, teledirixido pola alcaldesa para librarse da súa responsabilidade  

By 25 Xullo, 2022Sin comentarios

Antonio Ameijide suxire “volver a iniciar o procedemento administrativo e que a alcaldesa, por ser parte implicada, se absteña de participar en modo algún no expediente para evitar arbitrariedades e abusos de poder” 

O Partido Popular “vai a ir a por todas” para dirimir responsabilidades e que “paguen os políticos responsables do fracaso na concesión da Fábrica da Luz” que nos custou aos lucenses 2.4M€ de indemnización a Inca.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que xa esgotaron as vías administrativas e que “o bipartito segue enrrocado na súa prepotencia sen atender a razóns e sen asumir co seu patrimonio persoal as cacicadas que fixo coa mala xestión da Fábrica da Luz, algo terá que ocultar”, razoaba.

O popular fixo esta reflexión “trala pasividade e o silencio da alcaldesa” ao recurso de reposición que presentou o Grupo Popular pasado 17 de xuño co ánimo de anular oexpediente de responsabilidade patrimonial dos políticos e persoal do Concello de Lugo implicados na concesión fallida da Fábrica da luz e que se abriu logo de que a alcaldesa asinase un decreto o pasado 19 de maio ”.

O vicevoceiro do PP recrimina que Lara Méndez iniciase o expediente “sen avisarnos e sen darnos a posibilidade a participar como parte interesada a pesar de que o proceso xurdía a raíz da proposición que se aprobou en pleno a iniciativa do PP o 25 de xuño de 2020”. “O que queremos é que os 2,4M€ cos que houbo que indemnizar á empresa Inca, cos cartos de todos, polo fallido contrato de restauración e explotación hidroeléctrica da Fábrica da Luz fosen aboados polos políticos responsables do fracaso da concesión e da indemnización e que formaban o goberno nese momento”. Ameijide manifestaba que “a alcaldesa debe ter algo que ocultar por actuar de mala fe deixando ao marxe ao partido político que quere aclarar todo o sucedido neste negocio”.

Ameijide explica que o recurso de reposición que presentou o PP se fundamenta en varias cuestións. A primeira ten que ver co informe da Asesoría Xurídica municipal xa que “non se limita a dictaminar senón que vai máis alá do mandato da proposición de pleno aprobada pola corporación hai 2 anos”. Para os populares “resulta evidente que o contido deste informe extralimítase do ordenado polo pleno e que predetermina en quen deberá recaer a responsabilidade excluíndo á alcaldesa, pese a que esta participou no procedemento de contratación así como que tamén tivo coñecemento da necesidade de solicitar en prazo a prórroga en cuestión”.

Outro aspecto que “chirría” é o feito de que sexa Lara Méndez a que asine o decreto “excluíndose a si mesma da responsabilidade en cuestión, cando non só é a máxima responsable do goberno municipal, senón que, como alcaldesa se lle notifica persoalmente a necesidade de solicitar en prazo a prórroga da concesión” polo que se entende que “esta circunstancia é un claro indicio da participación de Méndez neste caso que lesiona os intereses da veciñanza de Lugo”.

Por todo esto desde el PP se solicita invalidar o procedemento e que a alcaldesa se absteña de participar en modo algún no expediente.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies