O GarañónUrbanismo

O PP ve no anuncio de Lara Méndez sobre o Garañón unha nova bomba de fume por non comprometer prazos para o derrubo

By 26 Xullo, 2022Sin comentarios

Antonio Ameijide ve neste anuncio de Lara Méndez un recoñecemento público das ilegalidades cometidas polo PSOE nas licenzas do Garañón, ademais de condenar a todos os lucenses a rematar pagando unha indemnización millonaria ao promotor que reclamaba unha compensación de 25M€

Para o Partido Popular, o anuncio que esta mañá fixo Lara Méndez sobre o derrubo do Garañón non deixa de ser unha nova bomba de fume da rexedora para tentar dar visibilidade a súa “suposta preocupación” por cumprir coa legalidade.

Antonio Ameijide ve neste anuncio da rexedora “non é máis que o anuncio en rolda de prensa que de que ten a intención de contratar un proxecto” para derrubar o Garañón, tras “moitos anos vendendo que o tiraría algo para o que sempre dixo que había partida orzamentaria pero como vemos non é así xa que nada fixo”.

Dentro do Grupo Municipal do Partido Popular este anuncio da rexedora ten unha parte positiva para os lucenses, xa que “Lara Méndez recoñece abertamente as ilegalidades cometidas polo PSOE”, que tamén ten unha cara negativa xa que “seguramente nos condenará a todos os lucenses a pagar unha indemnización millonaria ao promotor, ao que o PSOE lle deu unha licenza ilegal” que non hai moito pedía 25M€ de compensación.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies