Infraestruturas

O PP lamenta que a alcaldesa culpe a Abanca do retraso na cesión das instalacións do antigo colexio do Sagrado Corazón para acondicionalo como centro de saúde

By 1 Abril, 2022Sin comentarios

PSOE e BNG votaron hoxe en contra de que o Concello de Lugo busque con urxencia unha parcela ou un inmoble que cumpra os requerimentos necesarios para a construcción deste centro sanitario. Dende o PP censuran a actitude de socialistas e nacionalistas lembrando que o seu grupo leva anos liderando a creación de novos equipamentos para o barrio como foi a defensa do novo colexio que se inaugurou este ano

Carballo acusa á alcaldesa “sempre vaia a remolque” e intente culpar a outras administracións ou entidades dos seus continuos erros ou da súa falta de traballo”. Ramón Carballo lémbroulle hoxe á Lara Méndez que hai seis anos, en 2016, toda a corporación votaba a favor dunha petición que fixo o PP para iniciar, de forma urxente, as conversas coa entidade bancaria propietaria dos edificios e instalacións do antigo colexio do barrio.  “Os veciños e veciñas do barrio o único que ven é un colexio baleiro e abandonado dende hai un ano pola absoluta falta de previsión do goberno de Lara Méndez”. “Non pode botar balóns fóra, era a súa responsabilidade, a estas alturas, ter pechada a negociación coa propietaria do inmoble”. Se non conseguía as instalacións debería ter pechada a opción B de ofrecer parcelas para o futuro centro de saúde.

“Unha vez máis a alcaldesa chega tarde, mal e arrastras xa que as conversas que din que mantiveron esta semana tiñan que estar feitas dende hai moitos anos”. Dende o PP piden á alcaldesa “un mínimo de autocrítica e menos demagoxia con este tema” recriminándolle que “deixara, de forma inexplicable, pasar o prazo da concesión do antigo colexio que rematou en 2018”.

Responder

5 − two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies