Transparencia

O PP consegue o respaldo, excepto do BNG, á proposición en apoio a Ucrania

By 31 Marzo, 2022Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular tamén acadou a aprobación dunha proposta para denunciar e condenar de maneira firme a invasión de Ucraína por parte de Rusia e o uso da forza contra un país soberano, proposta que contou co apoio do PSOE e Cidadáns, pero que, curiosamente, tivo o voto en contra do BNG

O 24 de febreiro de 2022 Rusia invadiu Ucraína, nación soberana e independente cuxa integridade territorial non é negociable.

Rusia invadiu Ucraína infrinxindo todas as normas do dereito internacional e, ainda que Vladimir Putin trate de xustificar este ataque en inexistentes dereitos históricos, este ataque é totalmente inxustificado e ilegal.

Este ataque, sen embargo, non é só un ataque a unha nación soberana, feito que é suficientemente grave en si mesmo, senón que supón unha ameaza á estabilidade e a seguridade de Europa, así como ao concepto mesmo de democracia e á orde internacional baseado en regras.

Por iso, este ataque debe ser respondido da forma máis firme e contundente.

España é un país comprometido co dereito internacional, coa carta de Nacións Unidas, que no seu artigo 2.4 refire que a integridade territorial dos estados é inviolable, e cos seus socios da Unión Europea e da OTAN por elo, o Goberno de España debe tomar, no seo das organizacións internacionais das que forma parte, todas as medidas que sexan necesarias, incluíndo o apoio cos recursos materiais- tamén os de carácter militar- que solicite o goberno de Ucraína para poder defender a súa soberanía, para responder a esta terrible agresión, restablecer a paz e a liberdade e defender a democracia en Ucraína.

Mentres estes obxectivos se alcanzan, España debe mostrar a súa solidariedade con todos aqueles cidadáns Ucraínos que tiveron que deixar o seu fogar fuxindo da guerra.

Polo exposto, o Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo, presenta a seguinte:

PROPOSTA DE ACORDO

PRIMEIRO. – Denunciar e condenar de maneira firme e explícita a invasión de Ucraína por parte de Rusia e o uso da forza contra un país soberano, excluído explicitamente no art. 1.a). II da Acta Final de Helsinki (Conferencia sobre a Seguridade e a Cooperación en Europa) e no art. 2.4. da Carta das Nacións Unidas.

SEGUNDO. – Reafirmar o respecto ao dereito que asiste a todas as nacións de preservar a súa integridade territorial sen que poda ser socavada por razóns de proximidade xeográfica, afinidade étnica ou lingüística de acordo cos arts. 1. a). I. y 1.a). IV da Acta Final de Helsinki.

TERCEIRO. – Expresar o máis firme compromiso deste Concello, coa defensa dos principios da democracia, o estado de dereito e a protección dos dereitos fundamentais contemplados no Preámbulo do Tratado de constitución da Alianza do Atlántico Norte e no de constitución da Unión Europea.

CUARTO. – Respaldar as actuacións do Goberno de España, xunto aos nosos aliados de a OTAN e da UE, para poñer fin inmediato a esta incualificable invasión dun estado soberano e democrático.

E solicitar ao Goberno de España que manteña un fluxo de información suficiente cos partidos da oposición ao obxecto de obter a colaboración máis ampla, pronta e responsable posible do conxunto das forzas políticas.

QUINTO. – Expresar o noso apoio e solidariedade a Ucraína e ao pobo Ucraíno, que facemos extensivos aos máis de 112.034 mil Ucraínos que residen no noso país.

Por isto:

Solicitamos que o goberno negocie o antes posible en Bruxelas un plan de axuda humanitaria á poboación civil Ucraína, así como un plan de continxencia para a acollida masiva de refuxiados Ucraínos que fuxan da guerra.

Poñémonos a disposición do Goberno de España, para colaborar –na medida das nosas competencias e recursos- na acollida dos cidadáns de Ucraína que están a  abandonar o seu país.

Responder

fourteen + 4 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies