Seguridade

O PP ve unha incoherencia que o PSOE se poña trala pancarta das manifestacións contra a ocupación e logo vote no pleno en contra do mesmo manifesto veciñal

By 1 Abril, 2022Sin comentarios

Os populares consideran un fraude que os concelleiros socialistas, que apoiaron a manifestación veciñal para opoñerse ás ocupacións ilegais, votasen en contra do manifesto que se elevou a pleno e no que “se transcribía o manifesto que presentaron os veciños que asistiron a esta concentración, e que os concelleiros socialistas aplaudiron e suscribiron trala pancarta”. “O postureo é claro” puntualizando que “votar en contra desta iniciativa é o mesmo que dicir que están a favor das ocupacións ilegais”

Con respecto ao BNG se observa unha clara estratexia de diferenciarse da súa socia de goberno e neste caso ainda que non respaldan esta proposición queren distanciarse de Lara Méndez “mentres que a alcaldesa non recoñece esta problemática en Lugo, os nacionalistas hoxe dixeron que non negaban que existise este problema”.

Responder

16 + two =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies