Transporte urbano

O PP lamenta a renuncia de Arroxo á gratuidade do transporte para menores de 18 anos, parados, xubilados

By 7 Setembro, 2021Sin comentarios

O Partido Popular lamenta que Arroxo e Méndez renuncien á gratuidade do servizo para menores de 18 anos, parados, xubilados e familias con escasos recursos. O vicevoceiro popular recrimina “a falta de empatía da esquerda de Lugo cos lucenses que están vivindo momentos difíciles” e lles recorda que “o modelo de cidade da post pandemia debe sustentarse en medidas concretas que contribúan a facer máis doada a vida de todos os veciños e veciñas”. Ademáis critica a falta de coherencia do BNG que votou en pleno a favor da iniciativa do Grupo Popular na que reclamaba esta gratuidade para todos estes colectivos.

O PP si conseguiu que se teña en conta  a necesidade de facer os trasbordos gratuítos para garantir que se pode chegar a calquera punto da cidade cun único billete. Arroxou postpuxo a toma desta decisión ata o mes de decembro co que “seguiremos atentos para que cumpra a súa palabra”.

Outra das peticións do PP que si se póra en marcha é a da creación dunha APP móbil así como a integración das liñas de transporte na popular aplicación de Google, para facilitar a mobilidade aos lucenses e turistas.

Dende as filas populares tamén reclamaron que se mellore a tramitación da tarxeta cidadá e que os veciños e veciñas poidan solicitarla non só no edificio administrativo senón tamén nos centros cívicos e de convivencia da cidade. Antonio Ameijide tamén propuxo que se habilite un sistema para que os que desexen poidan levar a tarxeta cidadá no móvil como calquera outra tarxeta de crédito.

Antonio Ameijide tamén presentou na  mesa de transporte un documento cunha proposta para mellorar o 74% das rutas programadas polo goberno local. O vicevoceiro popular trasladou “unha a unha todas as eivas detectadas polo seu grupo así como as achegas que recolleron dos veciños durante estes meses”.

Noutra orde de cousas solicitou habilitar marquesinas naqueles puntos nos que hai parada e os usuarios non teñen opcións para resgardarse así como mellorar o mantemento das existentes. Por último reclamou que se fagan os axustes necesarios para evitar que se solapen os buses “hai que evitar que se repitan as imáxenes do modelo anterior con  varios buses seguidos baleiros

 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies