Infraestruturas

O PP recrimina que Méndez venda como un logro o inicio dunha obra que xa tiña que estar rematada

By 7 Setembro, 2021Sin comentarios

Para os populares a visita da alcaldesa hoxe a Duquesa de Lugo é “unha burla aos lucenses” xa que “presumir de que vai comezar a obra desta infraestructura  cando os cidadáns xa tiñan que estar usándoa non deixa de ser unha tomadura de pelo”.

Os populares cren que con este tipo de actos se retrata o auténtico perfil da alcaldesa “onde pesa máis o postureo que a súa capacidade de xestión”. Os populares conscientes da complexidade do proxecto non entenden “a neglixencia de Méndez á hora de poñer a disposición os terreos necesarios para esta obra o que provocou que a empresa contratada pola Deputación pedise a resolución do contrato polo que houbo que reiniciar o proceso o que supuxo novos retrasos”.

Os populares piden “menos triunfalismo e un mínimo de autocrítica á alcaldesa de Lugo” engadindo que “sen dúbida é unha magnífica nova que se inicien as obras do desdobramento desta vía de entrada a Lugo pero non é menos certo que esta infraestructura leva un retraso de cinco anos”.

Dende o Grupo Popular aseguran que todo o que tocan as mans dos gobernos socialistas de Lugo supoñen “eternos retrasos” e nese senso lembran outras infraestructuras que nunca chegan como a execución da rotonda de Alfonso X, ou a unión dos parques do Miño e o Rato.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies