InfraestruturasUrbanismo

O PP invita ao BNG a visitar as 102 vivendas que a Xunta rehabilitou na Tinería dende o ano 2001

By 11 Novembro, 2022Sin comentarios

Ameijide: “para os lucenses sería moito máis positivo que os nacionalistas utilizasen o seu tempo, a súa enerxía e os seus esforzos en desbloquear e axilizar as tramitacións municipais que frean obras e intervencións importantes neste barrio como a rehabilitación da Casa Torre e a intervención no Pazo de Dona Urraca”

O PP invita ao BNG a visitar as 102 vivendas que a Xunta rehabilitou na Tinería dende o ano 2001 e nas que se levan investido máis de 26M€. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide subliñaba “en vez de organizar protestas, para os lucenses sería moito máis positivo que os nacionalistas utilizasen o seu tempo, a súa enerxía e os seus esforzos en desbloquear e axilizar as tramitacións municipais que frean obras e intervencións importantes neste barrio, como a rehabilitación da Casa Torre e a intervención no Pazo de Dona Urraca”.

O vicevoceiro popular resumía a situación da Tinería en dúas afirmacións: “primeiro, a Tinería é vítima da falta de traballo e da nefasta xestión urbanística dos socialistas” acusándoos de “inacción”. En segundo lugar, criticaba que o BNG “consinta este boicot á rehabilitación do barrio, e que en vez de presionar á alcaldesa para que poña orden no departamento de urbanismo utilice o desenvolvemento do barrio como arma arroxadiza contra a Xunta”.

Exemplo rehabilitación

Ameijide explicou que só 4 dos 42 edificios que están rehabilitados na Tinería foron adquiridos na época do bipartito. “Ata agosto de 2005, cun goberno popular, adquiríronse 51 edificios e rehabilitáronse 13 (43 vivendas)”. Logo na época do bipartito, cos edificios que se compraran e cos proxectos que quedaban feitos, deuse continuidade ao programa deseñado polo Partido Popular.

Neste momento na Tinería hai unha oferta de 102 vivendas nos edificios que se recuperaron no barrio. A maiores tamén se levaron a cabo intervencións de reparación e de mantemento en 20 fachadas de edificacións da zona.

Co Rexurbe en Lugo, nestes últimos anos, adquiríronse 3 inmobles nos que se habilitarán 3 novas vivendas; tamén está licitada a redacción de 2 proxectos para rehabilitar edificios en Rúa Catedral 18 -22 así como outro inmoble en Carril dos Fornos 2 que está dentro dunha unidade de actuación.

Tinería vítima paralización licenzas

Neste momento hai 5 vivendas en Tinería 15 cuxa tramitación se iniciou o 15 de novembro de 2017. O atraso na adxudicación das vivendas debeuse á demora por parte do Concello á hora de tramitar a licenza da rehabilitación e os permisos de primeira ocupación.

No Recanto do Miño 17 ocorreu máis do mesmo, dende o 3 de maio de 2016 solicitouse licenza e a día de hoxe non se puido entregar por demoras tanto nesta tramitación como na da licenza de primeira ocupación.

Casa Torre

Ameijide tamén fixo unha alusión á Casa Torre lembrando que “a licenza da obra estivo 13 meses esperando polo visto bo do concello”. “A tramitación iniciouse en decembro de 2020 por un importe de 500.000€ e tiña un prazo de execución de 8 meses”. Este primeiro atraso, polos cambios de criterios municipais, derivou na anulación do contrato e a elaboración dun novo proxecto.

O popular explica que “lonxe de corrixir esta falta de traballo seguen coa mesma actitude obstruccionista: o concello ten dende o 23 de setembro a documentación do Estudo de detalle da Casa Torre remitida pola Xunta. Malia que ainda non a administración local non contestou, dende a Xunta, co ánimo de avanzar neste proxecto, presenta o pasado 27 de outubro o novo proxecto da Casa Torre”.Dende o PP piden celeridade con este asunto así como no recuperación e a posta en valor do Pazo de Dona Urraca.

Ameijide concluía “apoiar ao barrio significa, aparte de conseguir investimentos, a creación de negocios na zona e a rexeneración social no entorno”. O vicevoceiro do PP recalcaba que “PSOE e BNG van para 24 anos de goberno en Lugo e fracasaron en ambas cuestións que dependen de forma directa da administración local”.

Responder

five × 5 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies