InfraestructurasUrbanismo

El PP invita al BNG a visitar las 102 viviendas que la Xunta rehabilitó en la Tinería desde el año 2001

By 11 noviembre, 2022No Comments

Ameijide: “para los lucenses sería mucho más positivo que los nacionalistas utilizaran su tiempo, su energía y sus esfuerzos en desbloquear y agilizar las tramitaciones municipales que frenan obras e intervenciones importantes en este barrio como la rehabilitación de la Casa Torre y la intervención en el Pazo de Doña Urraca”

O PP invita ao BNG a visitar as 102 vivendas que a Xunta rehabilitou na Tinería dende o ano 2001 e nas que se levan investido máis de 26M€. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide subliñaba “en vez de organizar protestas, para os lucenses sería moito máis positivo que os nacionalistas utilizasen o seu tempo, a súa enerxía e os seus esforzos en desbloquear e axilizar as tramitacións municipais que frean obras e intervencións importantes neste barrio, como a rehabilitación da Casa Torre e a intervención no Pazo de Dona Urraca”.

O vicevoceiro popular resumía a situación da Tinería en dúas afirmacións: “primeiro, a Tinería é vítima da falta de traballo e da nefasta xestión urbanística dos socialistas” acusándoos de “inacción”. En segundo lugar, criticaba que o BNG “consinta este boicot á rehabilitación do barrio, e que en vez de presionar á alcaldesa para que poña orden no departamento de urbanismo utilice o desenvolvemento do barrio como arma arroxadiza contra a Xunta”.

Exemplo rehabilitación

Ameijide explicou que só 4 dos 42 edificios que están rehabilitados na Tinería foron adquiridos na época do bipartito. “Ata agosto de 2005, cun goberno popular, adquiríronse 51 edificios e rehabilitáronse 13 (43 vivendas)”. Logo na época do bipartito, cos edificios que se compraran e cos proxectos que quedaban feitos, deuse continuidade ao programa deseñado polo Partido Popular.

Neste momento na Tinería hai unha oferta de 102 vivendas nos edificios que se recuperaron no barrio. A maiores tamén se levaron a cabo intervencións de reparación e de mantemento en 20 fachadas de edificacións da zona.

Co Rexurbe en Lugo, nestes últimos anos, adquiríronse 3 inmobles nos que se habilitarán 3 novas vivendas; tamén está licitada a redacción de 2 proxectos para rehabilitar edificios en Rúa Catedral 18 -22 así como outro inmoble en Carril dos Fornos 2 que está dentro dunha unidade de actuación.

Tinería vítima paralización licenzas

Neste momento hai 5 vivendas en Tinería 15 cuxa tramitación se iniciou o 15 de novembro de 2017. O atraso na adxudicación das vivendas debeuse á demora por parte do Concello á hora de tramitar a licenza da rehabilitación e os permisos de primeira ocupación.

No Recanto do Miño 17 ocorreu máis do mesmo, dende o 3 de maio de 2016 solicitouse licenza e a día de hoxe non se puido entregar por demoras tanto nesta tramitación como na da licenza de primeira ocupación.

Casa Torre

Ameijide tamén fixo unha alusión á Casa Torre lembrando que “a licenza da obra estivo 13 meses esperando polo visto bo do concello”. “A tramitación iniciouse en decembro de 2020 por un importe de 500.000€ e tiña un prazo de execución de 8 meses”. Este primeiro atraso, polos cambios de criterios municipais, derivou na anulación do contrato e a elaboración dun novo proxecto.

O popular explica que “lonxe de corrixir esta falta de traballo seguen coa mesma actitude obstruccionista: o concello ten dende o 23 de setembro a documentación do Estudo de detalle da Casa Torre remitida pola Xunta. Malia que ainda non a administración local non contestou, dende a Xunta, co ánimo de avanzar neste proxecto, presenta o pasado 27 de outubro o novo proxecto da Casa Torre”.Dende o PP piden celeridade con este asunto así como no recuperación e a posta en valor do Pazo de Dona Urraca.

Ameijide concluía “apoiar ao barrio significa, aparte de conseguir investimentos, a creación de negocios na zona e a rexeneración social no entorno”. O vicevoceiro do PP recalcaba que “PSOE e BNG van para 24 anos de goberno en Lugo e fracasaron en ambas cuestións que dependen de forma directa da administración local”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies