EconomíaMedio AmbienteTransparencia

O PP acude ao xulgado para garantir a transparencia no proceso da Fábrica da luz e que os políticos responsables paguen os 2,4M€ da indemnización

By 14 Novembro, 2022Sin comentarios

Partido Popular anunciou que levou ao xulgado o procedemento da concesión da Fábrica da luz por entender que “os políticos responsables de tomar malas decisións na concesión da explotación e mantemento desta minicentral hidroeléctrica son os que deben asumir, co seu patrimonio, os 2,4M€ que se indemnizaron á empresa adxudicataria”.

Antonio Ameijide di que o Grupo Popular acude á vía do contencioso para garantir a transparencia nun proceso que dende o minuto 1 está teledirixido pola alcaldesa de Lugo. Unha nova proba do oscurantismo do expediente témola no feito de que o concello deixou caducar o expediente do procedemento o que supón que se volva a reanudar para, deste xeito, gañar tempo para alongar o proceso e que non coincida en campaña electoral”.

Cronoloxía

 Trala condena ao Concello de Lugo a indemnizar a concesionaria da Fábrica da luz a pagar 2,4M€ á adxudicataria, o Partido Popular conseguiu o voto unánime da corporación, en xuño de 2020, para promover as accións pertinentes para depurar responsabilidades ás autoridades e funcionarios responsables e que pagasen do seu peto esta indemnización.

A raiz deste pleno a alcaldesa de Lugo o 19 de maio de 2022 asina un decreto para iniciar o expedente de responsabilidade e curiosamente “elixe a dous chivos expiatorios para cargarlles as culpas desta neglixencia excluíndose a ela do procedemento a pesar de que durante o seu mandato adoptou decisións que tiveron como consecuencia o pago desta indemnización millonaria”.

Dado o oscurantismo do procedemento teledirixido pola alcaldesa o PP decide levar o asunto ao xulgado e presenta un escrito para persoarse no expedente administrativo para que en aras á transparencia os concelleiros populares poidan participar na súas tramitación”.

Resulta sorprendente que o goberno local decida rexeitar este recurso de reposición no que “en aras a transparencia” se pedía que Lara Méndez “que non fose parte, xuíz e verdugo do proceso que debe dirimir responsabilidades pola perda da concesión da Fábrica da Luz”.

Por este motivo, dende o Grupo Popular se decide presentar o pasado 3 de novembro un recurso contencioso no xulgado contra a resolución que inadmite o recurso de reposición que presentou o PP para impugnar o decreto de alcaldía”.

Luz e taquígrafos

 O recurso de reposición presentado polo PP e que rexeitou o goberno local fundamentábase en varias cuestións. A primeira, o informe da Asesoría Xurídica municipal que “non se limita a dictaminar senón que vai máis alá do mandato da proposición de pleno aprobada pola corporación hai 2 anos”. “Resulta evidente que o contido deste informe extra limítase do ordenado polo pleno e que predetermina en quen deberá recaer a responsabilidade excluíndo á alcaldesa, pese a que esta participou no procedemento de contratación así como que tamén tivo coñecemento da necesidade de solicitar en prazo a prórroga en cuestión”, explica.

Outro aspecto que “curioso” é o feito de que sexa Lara Méndez a que asine o decreto “excluíndose a si mesma de responsabilidade algunha, cando non só é a máxima responsable do goberno municipal, senón que, como alcaldesa se lle notifica persoalmente a necesidade de solicitar en prazo a prórroga da concesión”.

Antonio Ameijide concluiu asegurando que “o Partido Popular vai a ir a por todas para dirimir responsabilidades e que paguen os políticos responsables do fracaso na concesión da Fábrica da Luz que nos custou aos lucenses 2.4M€ de indemnización a Inca”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies