Transporte urbano

O PP defenderá no pleno a entrada en vigor da gratuidade dos transbordos e do bus para menores, xubilados e persoas con escasos recursos

By 11 Xuño, 2021Sin comentarios

O vicevoceiro do Grupo Municipal do PP Antonio Ameijide defende que a entrada en vigor das novas liñas debían de acompañarse da posta en marcha de diversas medidas, aprobadas en pleno a iniciativa do PP, para facer o transporte urbano máis atractivo para os lucenses

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, anuncia que se defenderá no vindeiro pleno unha iniciativa para que o goberno local dea luz verde aos transbordos gratuítos no transporte urbano e cree unha APP móbil para planificar rutas e poder ver en tempo real onde se atopan os autobuses.

Explica Antonio Ameijide que o seu grupo “vese na obriga” de defender de novo estas medidas, xa elevadas ao pleno en xaneiro deste ano polos populares e aprobadas co voto a favor de Rubén Arroxo e o seu grupo, ante a negativa do vicealcalde e a alcaldesa a poñer en marcha as medidas sociais propostas e que son:

  • Gratuidade do servizo para menores de 18 anos, parados, xubilados e familias con escasos recursos
  • Transbordos gratuítos
  • Creación dunha APP móbil para planificar rutas e poder ver en tempo real onde se atopan os autobuses

A entrada en vigor das novas liñas de transporte urbano o pasado 1 de xuño xerou numerosas queixas entre a cidadanía xa que agora ven os lucenses como desprazamentos que antes podían facer no bus urbano agora son imposibles ou encareceron o seu custo xa que é preciso coller varios autobuses.

Neste senso, os populares tamén defenderán a convocatoria urxente e inmediata da mesa de transporte para poñer sobre a mesa todas as eivas detectadas polos populares e tamén as denunciadas pola cidadanía para poder buscar a mellor solución posible e así acadar un servizo de transporte público no municipio que dea resposta ás necesidades reais dos cidadáns.

Unha vez convocada a mesa do transporte, os concelleiros populares presentarán alí un documento con todas as eivas detectadas e as reclamacións realizadas polos diferentes colectivos veciñais cos que se realizan xuntanzas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies