O PP pedirá o apoio do pleno para rexeitar os indultos cos que Pedro Sánchez quere pagar o apoio dos partidos independentistas cataláns 

By 12 Xuño, 2021Proposición

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP estarán presentes este domingo na carpa situada na Praza Maior para recoller sinaturas dos lucenses que se postulen en contra de que Pedro Sánchez conceda os indultos aos independentistas

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo pedirá no pleno do mes de xuño o apoio para expresar o seu rexeitamento aos indultos que Pedro Sánchez planea conceder aos políticos independentistas de Cataluña.

 

Pero antes de defender esta iniciativa, os concelleiros do Grupo Popular participarán mañá na recollida de sinaturas que organiza o PP para que todos os lucenses que o desexen poidan amosar o seu rexeitamento a estes indultos. A recollida de sinaturas realizarase na Praza Maior de 10:30 a 13:30 horas.

Entre as propostas de acordo que defenderán no pleno os populares está amosar un respaldo incondicional e absoluto á Constitución e ao resto do ordenamento xurídico español como garantes da integridade e unidade da nación e do estado de dereito e a democracia no noso país.

Recordan os populares que en outubro de 2017, diversos partidos e membros do Goberno de Cataluña organizaron un referendo ilegal co obxectivo de separar esta comunidade autónoma do resto de España e crebar a indisoluble unidade do noso país que recoñece a nosa Carta Magna, sen esquecer que proclamaron de forma ilegal a independencia e a constitución dunha ilegal república catalá.

Por este motivo, dous anos despois os impulsores destes actos (Oriol Junqueras ou Carme Forcadell, entre outros) foron condenados polo Tribunal Supremo a penas que oscilaban entre os 9 e os 13 anos de prisión así como a penas de inhabilitación.

Cando se coñeceu a sentenza, Pedro Sánchez “garantía tanto á cidadanía catalá como ao conxunto da cidadanía española que esa sentenza ía cumprir na súa totalidade” posto que “ninguén está por encima da lei” mentres que outros membros do seu goberno defendían que as penas impostas debían cumprirse integramente.

Pero agora toda a sociedades española ve como Pedro Sánchez e o seu goberno planean a posibilidade de indultar a estes condenados xa que precisa do apoio dos partidos independentistas cataláns para manterse no poder; unha necesidade que se fixo máis perentoria tras as eleccións xerais celebradas en novembro de 2019 nas que o PSOE perdeu case 800.000 votos e 3 escanos respecto a celébralas no mes de abril do mesmo ano.

“Ante a sospeita de que nos atopamos ante un pago político e non ante un indulto vémonos na obriga de pedir ao pleno que se pronuncie en contra desta medida e se poña do lado da defensa da Constitución e o ordenamento xurídico”, sinalan.

Leave a Reply

17 − thirteen =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies