O PP critica que o goberno local vote en contra de publicar antes de fin de ano as listas das bolsas de emprego municipais

By 25 Novembro, 2021Persoal

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Rafael Pérez cualifica de “inconcibible e moi preocupante” o triunfalismo co que tanto PSOE como BNG despachan as propostas do PP, que o único que buscaba é que se publiquen canto antes as listas das bolsas de emprego.

O popular cualifica de “falta de empatía” cos 12.000 lucenses anotados nestas listas que PSOE e BNG sigan a manter paradas estas bolsas de emprego que, en moitos servizos municipais, serían moi útiles para cubrir as vacantes existentes.

Rafael Pérez critica que PSOE e BNG sigan a escudarse en Montoro para tentar desculpar a súa total falta de xestión, que se ve reflectida en que en ano e medio no foron capaces de publicar unhas listas que se comprometeron a resolver no prazo dun mes.

Para o popular con esta actitude, tanto PSOE como BNG, están a xogar coas ilusións de todos os lucenses que se anotaron nestas listas na procura dun emprego e que seguen agardando por unha resolución.

Leave a Reply

five × 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies