EconomíaUrbanismo

O PP critica que PSOE e BNG renuncien a acurtar o prazo de dous anos a un mes para resolver as licenzas urbanísticas

By 25 Novembro, 2021Sin comentarios

Antonio Ameijide lamenta que socialistas e nacionalistas rexeiten aplicar a posibilidade de acollerse ao artigo o artigo 54 da ‘Ley 9/2021, de 25 de febrero, de simplificación administrativa y de apoyo a la reactivación económica de Galicia’ coa que se podería desbloquear o colapso en urbanismo lembrando que “se trata dunha fórmula voluntaria que conta co respaldo de varios colectivos como a Asociación de Constructores”.

Os populares lembran que o PSOE votou no ano 2017 nun pleno a favor de sumarse ao ‘Doing Business’ co que “non comprende este cambio de postura da alcaldesa” xa que se trata de adoptar medidas para captar empresas para blindar o futuro dos lucenses que queiran traballar no municipio sen ter que marchar fóra.

Por outra parte Amejide non comprende a cerrazón do PSOE e do BNG para adherirse ao Doing Business xa que nos concellos gobernados polos seus referentes políticos As Pontes (Secretario Xeral do PSOE, Valentín Formoso) e Monforte (José Tomé, Presidente da Deputación) se forman parte desta estructura.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies