O PP consegue a aprobación dunha iniciativa para defender o sector lácteo, pese a que nin PSOE nin BNG votaron a favor da iniciativa

By 25 Novembro, 2021Economía, Zona rural

Manuel López explica que os populares seguen a defender ao sector gandeiro galego para que non sigan a vender a perdas a súa produción, pero tilda de “penoso” ver como PSOE e BNG non votan a favor dos gandeiros galegos ao non votar a favor da iniciativa.

O popular recorda que os gandeiros galegos supoñen o 55% das explotacións nacionais, das que sae o 40% da produción de leite a nivel nacional, polo que cualifica como “deslealdade” co sector que PSOE e o BNG se puxeran de perfil no debate.

Manuel López ve fundamental a defensa dun sector que está a pasar por un momento moi delicado e urxe ao goberno central a garantir que se cumpra a Lei de Mellora do Funcionamento da Cadea Alimentaria e que os gandeiros cobren por riba dos custos de produción.

Leave a Reply

nineteen + 2 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies