Economía

O PP critica a total falta de transparencia de Lara Méndez nun contrato para os actos do 8M

By 1 Marzo, 2023Sin comentarios

Mar Carballas ve “estraño e sospeitoso” que se dean menos de cinco días para a gravación, edición e produción de dous vídeos para a gala en entrega de premios ‘Entre Mulleres’ xa que o marxe de tempo é mínimo para poder desenvolver o proxecto

Os populares denuncian que o goberno de Lara Méndez volve a vetar aos empresarios e autónomos de Lugo nas licitacións públicas municipais, xa que o prazo dado para presentar oferta a este contrato pode dar lugar a pensar que deron o contrato a afíns, salvo que alguén teña coñecemento previo.

Os pregos de licitan deste contrato estipulan que mañá día 2 ás 23:59 remata o prazo para presentar ofertas e que o adxudicatario ten que entregar todo o material producido, gravado e editado o día 6, “un prazo imposible de cumprir” se non se comezou a realizar as gravacións con varias semanas de antelación.

As condicións “imposibles de cumprir” son a realización de dous vídeos de entre tres e cinco minutos, un deles das 67 mulleres premiadas dende 2002 e outro das premiadas neste 2023, para o que se pide entrevistas coas premiadas e os seus familiares. “Entrevistar a un mínimo de 70 persoas e a edición de dous vídeos en tres días é imposible de cumprir, salvo que xa se teña todo feito ou información previa”.

No PP lamentan a falta de transparencia da que unha vez máis fai gala o goberno local xa que con esta forma de actuar semella que “non dan as mesmas oportunidades a todas as empresas e autónomos interesadas en optar a realizar os vídeos da gala ‘Entre Mulleres’”.

No PP recordan outro caso semellante: a licitación da imaxe do Gastroarte, un contrato no que se daban 11 horas de prazo á empresa adxudicataria, entre o remate da presentación de ofertas e a entrega do material ao Concello de Lugo, para recibir a notificación do encargo, deseñar o material, entregalo e instalalo, iso sen contar que o día seguinte á presentación de ofertas era un sábado, día inhábil para a administración.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies