Cultura

O PP reprocha a Méndez e Arroxo que a súa falta de proxecto cultural e turístico menoscaba as fortalezas de Lugo

By 2 Marzo, 2023Sin comentarios

Beatriz Vázquez reprocha á rexedora e ao vicealcalde que esteamos outra vez ante un caso de improvisación na ‘Programación de Lugo Cidade Cultural do Eixo Atlántico’, seguramente polas desavinzas entre PSOE e BNG que o único que conseguen é diezmar a imaxe de Lugo

As desavinzas dentro do goberno local volven a prexudicar de novo a imaxe de Lugo e as súas potencialidades xa que na ‘Programación de Lugo Capital da Cultura’ do Eixo Atlántico 2023 non figuran a Ofrenda ao Antigo Reino de Galicia nin os actos culturais relacionados, a pesar de que se trata dunha celebración histórica que unicamente ten lugar na nosa cidade.

Beatriz Vázquez lamenta esta situación, derivada dos conflictos dentro do goberno de PSOE e BNG. “Está claro que non se recolle na programación a Ofrenda porque tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo van ao seu o que deriva en que non hai ningún plan cultural nin turístico definido para poñer en valor todas as fortalezas de Lugo”, lamentou.

O Grupo Municipal do Partido Popular presentara xa en febreiro do 2020 unha iniciativa para que o Concello de Lugo apoiase a proposta de declarar  a Ofrenda ao Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural, proposta que viu como no BNG abstivéronse e “mesmo tentaron realizar unha contraprogramación para desvirtuar unha tradición que conta con máis de 350 anos de historia”.

Ante esta situación, o Grupo Municipal do PP presentará preguntas en comisión para  coñecer os motivos de por qué non se incluíu a Ofrenda ao Antigo Reino de Galicia na programación cultural do Eixo Atlántico, ademais de rogos para corrixir esta situación e que se inclúan, tanto a ofrenda como os actos culturais relacionados, dentro da programación, ademais de outras eivas que se han detectado nesta. “É unha mágoa que non se aproveiten oportunidades como esta para dar maior visibilidade a Lugo como se merece”, finalizou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies